PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • DECEMBRO 2019 – BASES REGULADORAS DOS PREMIOS DA “II GALA DO DEPORTE DE CAMBADOS ”

DECEMBRO 2019 – BASES REGULADORAS DOS PREMIOS DA “II GALA DO DEPORTE DE CAMBADOS ”

Co obxecto de outorgar testemuña do recoñecemento á súa labor deportiva de persoas, organismos, institucións públicas e entidades privadas que contribuíron de forma notoria a engrandecer e ampliar a práctica deportiva da nosa localidade, celébrase esta II Gala do Deporte de Cambados . A citada Gala consistirá en outorgar unha serie de premios entre os deportistas e persoas relacionadas co mundo do deporte de Cambados, cunha traxectoria deportiva relevante, tratando de resaltar a labor deportiva e o traballo realizado de todos e todas as que dalgún xeito fan do deporte o centro das súas vidas.

Trece son os premios ós que poden optar as persoas físicas, clubs deportivos e entidades do municipio que cumpran cos requisitos establecidos para cada un deles. As candidaturas para optar ós premios poderán ser presentadas por calquera entidade deportiva local, club, asociación ou cidadán, así como a proposta do xurado. Esta convocatoria estará organizada pola Concellaría de Deportes do Concello de Cambados.

CANDIDATURA INDIVIDUAL

CANDIDATURA COLECTIVA

Bases Reguladoras dos Premios _II Gala do Deporte Cambados_