PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • NOVEMBRO 2018 – ANUNCIO RESOLUCIÓN TRIBUNAL COBERTURA TEMPORAL POLICIA LOCAL

NOVEMBRO 2018 – ANUNCIO RESOLUCIÓN TRIBUNAL COBERTURA TEMPORAL POLICIA LOCAL

ANUNCIO DAS RESOLUCIÓNS ADOPTADAS POLO TRIBUNAL CUALIFICADOR ENCARGADO DA ELABORACIÓN DUNHA LISTA DE RESERVA PARA A COBERTURA TEMPORAL DO POSTO DE XEFE/A DA POLICÍA LOCAL DO CONCELLO DE CAMBADOS ADOPTADAS EN SESIÓN DE 06.11.2019

Anuncio de méritos do proceso selectivo para a elaboracion dunha lista de reserva para a cobertura temporal do posto de Xefe_a de Policia e convocatoria de sorteo público

En cumprimento das Bases reguladoras do proceso selectivo fanse públicos os méritos dos aspirantes presentados.

Non se avalúan os méritos relativos ás titulacións académicas ao presentarse por parte de todos os aspirantes as de “Bacharel, técnico ou equivalente”, título necesario para o acceso á categoría do posto ao que se aspira (na relación de postos de traballo vixente o grupo de titulación esixible para a Xefatura de Policía correspóndese co C1/A2), de acordo co establecido no Anexo II A.1. das Bases reguladoras que literalmente determinan que, “Non se valorará a titulación requirida para o acceso á categoría á que se aspira, agás que se posúa máis dunha”.

Visto que se produce un empate entre os aspirantes D. Alejandro Falcón Guerra e D. Santiago Otero Padín, sen que as Bases reguladoras establezan criterio de desempate ningún.
Vista a Base 6ª do proceso selectivo que habilita ao Tribunal Cualificador para resolver cantas cuestións se susciten na interpretación das Bases quedando autorizado para resolver cantas dúbidas poidan expoñerse e para adoptar os acordos que garantan a boa orde da convocatoria, en todo o non previsto nas bases e a normativa aplicable.
Visto que as Bases reguladoras remítense á Orde do 28 de xaneiro de 2009 pola que se determinan as probas de selección, temarios e baremos de méritos para o ingreso, promoción interna e mobilidade nos corpos de policías locais, para a integración dos vixilantes e auxiliares de policía ou interinos, para o acceso como vixilantes municipais e a contratación de auxiliares de policía de tempada (“Promoción interna ata a categoría de intendente: baremo de méritos para a fase de concurso”) (DOG nº 22 de 02.02.2009), no relativo aos méritos que son avaliables.

Visto que o Concello de Cambados veu de asinar coa Vicepresidencia da Xunta de Galicia o Convenio para a asunción pola Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás diferentes categorías dos corpos da Policía Local e as prazas de Auxiliares da Policía Local ao abeiro do Decreto 115/2017 do 17 de novembro polo que se regula a cooperación da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos na selección dos membros dos corpos da policía local de Galicia, escala básica, categoría de policía, turnos de acceso libre e concurso. Tendo en conta que a Orde de 31 de maio de 2019 pola que convoca proceso selectivo para o acceso e ingreso nos corpos da policía local de Galicia (DOG nº 115 de 19.06.2019), ditada en desenvolvemento do citado Decreto establece os seguintes criterios de desempate,
“a)Criterio de desempate recollido no artigo 49 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, segundo o cal o empate se resolverá a favor da muller. (Non se da o caso)
b)Menor tempo acadado na proba de resistencia xeral, carreira de 1.000 metros lisos. (Non se da o caso)
c)Menor tempo acadado na proba de velocidade, carreira de 50 metros lisos. (Non se da o caso)
d)En último lugar, o empate dirimirase por sorteo entre as persoas implicadas.”

Visto que a Base sétima da convocatoria determina que o Tribunal Cualificador debe publicar a relación, por orde de puntuación, dos aspirantes para a posterior aprobación da lista de reserva por parte da alcaldía.
Visto que, a maior motivación, o sorteo se presenta como criterio obxectivo, imparcial e onde os aspirantes empatados, que amosan mérito e capacidade, teñen a mesma probabilidade de resultar elixidos.
A vista dos antecedentes anteriores, o Tribunal Cualificador, por unanimidade dos seus membros,

RESOLVE:

1.Celebrar sorteo público para dirimir o empate entre as puntuacións dos aspirantes D. Alejandro Falcón Guerra e D. Santiago Otero Padín.
2.O dito sorteo celebrarase en acto público o vindeiro venres 08 de novembro ás 9 da mañán no salón de sesións da Casa do Concello.
3.Ordenar a publicación da presente Resolución no Taboleiro de Edictos do Concello e da Policía Local.