PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • NOVEMBRO 2019 – SOLICITUDE DE Mª ESTHER MARTÍNEZ BUGALLO DE AUTORIZACIÓN DE OBRAS NO LUGAR DE OUBIÑA, PARROQUIA DE OUBIÑA

NOVEMBRO 2019 – SOLICITUDE DE Mª ESTHER MARTÍNEZ BUGALLO DE AUTORIZACIÓN DE OBRAS NO LUGAR DE OUBIÑA, PARROQUIA DE OUBIÑA

ZONA HIDROGRÁFICA DE GALICIA–SUR

Outros documentos, notificacións e informacións públicas

DH.W36.67928. SOLICITUDE DE Mª ESTHER MARTÍNEZ BUGALLO DE AUTORIZACIÓN DE OBRAS NO LUGAR DE OUBIÑA, PARROQUIA DE OUBIÑA (SAN VICENZO), NO CONCELLO DE CAMBADOS

Mª Esther Martínez Bugallo solicita de Augas de Galicia co CIF: Q1500378C, a autorización de obras no lugar de Oubiña, parroquia de Oubiña (San Vicenzo), Concello de Cambados (Pontevedra). O presente anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o art. 52 do Regulamento do dominio público hidráulico.

Expediente: DH.W36.67928

As obras solicitadas consisten na construción de 2 módulos de cabanas para uso turístico, de 38,75 m2 construídos e 32,90 m2 útiles cada unha, na parcela 6005 do polígono 12, en Oubiña, Cambados (Pontevedra), na zona de policía do Rego de Lobeira.

O que se fai público para xeral coñecemento, por un prazo de vinte (20) días a partir do seguinte á data de publicación no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Cambados ou nas oficinas deste servizo, situadas na rúa San Salvador, 2-4º, onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe.

Vigo, a 3 de outubro de 2019.

O xefe do servizo territorial

(P.S. Resoluc. dirección de Augas de Galicia do 20/02/2017)