PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • OUTUBRO2019 – BASES PARA LISTA DE RESERVA

OUTUBRO2019 – BASES PARA LISTA DE RESERVA

ANUNCIO

Mediante Resolución da Alcaldía do 24.10.2019 aprobáronse as Bases para a elaboración dunha lista de reserva para a cobertura temporal do posto de Xefe/a da Policía Local do Concello de Cambados.
En cumprimento das Bases Reguladoras do proceso selectivo establécese un prazo de CINCO DIAS NATURAIS para aportar a solicitude de participación e a documentación xustificativa dos méritos alegados, que se contarán desde o día seguinte á publicación deste anuncio nos taboleiros de anuncios do Concello e da Policía Local (o prazo remata o vindeiro martes 29.10.2019).
As bases atópanse a disposición dos interesados/as na Secretaría do Concello, no Taboleiro de Anuncios da Policía Local e no Taboleiro de Edictos do Concello ubicado na sede electrónica da entidade

Bases para a elaboracion dunha lista de reserva para a cobertura temporal do posto de Xefe a da Policia Local de Cambados