PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • OUTUBRO 2019 – BASES DO PROCESO DE SELECCIÓN OBRADOIRO DE EMPREGO

OUTUBRO 2019 – BASES DO PROCESO DE SELECCIÓN OBRADOIRO DE EMPREGO

BASES DO PROCESO DE SELECCIÓN DO ALUMNADO-TRABALLADOR E PERSOAL PARTICIPANTES NO OBRADOIRO DE EMPREGO “CAMBADOS RUTA MARITIMA CAMIÑO DE SANTIAGO II”

Estas bases teñen como finalidade, de conformidade co previsto nos artigos 10º e 11 º da Orde do 17 de abril de 2019 da Consellería de Economía, Emprego e Industria pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para os obradoiros duais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG 09-05-2019), a determinación do sistema, procedemento, requisitos e baremos das probas que se aplicarán no proceso de selección dos alumnos-traballadores participantes no citado proxecto, promovido polo concello de CAMBADOS e subvencionado pola antedita consellería.

As prazas de alumnado-traballador que se convocan son:

  • 10 prazas na especialidade de ACTIVIDADES AUXILIARES EN VIVEIROS, XARDÍNS E CENTROS DE XARDINERÍA // ACTIVIDADES AUXILIARES EN CONSERVACIÓN E MELLORA DE MONTES – Nivel.1.
  • 10 prazas na especialidade de TRABALLOS DE CARPINTERÍA E MOBLE / APLICACIÓN DE VERNICES E LACAS EN ELEMENTOS DE CARPINTERÍA E MOBLE – Nivel.1

Experto/a docente en ACTIVIDADES AUXILIARES EN VIVEIROS, XARDÍNS E CENTROS DE XARDINERÍA // ACTIVIDADES AUXILIARES EN CONSERVACIÓN E MELLORA DE MONTES. Xornada: completa.

Experto/a docente en TRABALLOS DE CARPINTERÍA E MOBLE / APLICACIÓN DE VERNICES E LACAS EN ELEMENTOS DE CARPINTERÍA E MOBLE – Xornada: completa

TITORÍA: Xornada: completa

DIRECCIÓN: Xornada: completa

PERSOAL ADMINISTRATIVO: Xornada: completa.

BASES DE SELECCION ALUMNOS-TRABALLADORES

BASES SELECCION EQUIPO TECNICO. DIRECTOR, TITOR, EXPERTOS E AMINISTATIVO