PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • OUTUBRO 2019 – NOTIFICACION PROPIETARIO ANIMAL ABANDONADO

OUTUBRO 2019 – NOTIFICACION PROPIETARIO ANIMAL ABANDONADO

Anuncio de notificación de 10 de outubro de 2019 en procedemento notificación a propietario de animal abandonado.

Intentada, sen efecto, a notificación, e dado que non se puido practicar por non atopar á persoa interesada que se relaciona, procédese, en cumprimento do establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do  Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, á publicación no Boletín Oficial do Estado desta notificación relativa ao expediente relativo á perda dun animal de compañía con número de chip 941000023879792 que actualmente está nas instalacións da Asociación Protectora de Animais de Cambados e que o propietario ten que recuperar previo pago dos gastos orixinados por causa da recolleita e
estancia no centro. Si pasado 10 días da presente publicación non procederon a retirar o animal da Asociación Protectora, este considerarase legalmente abandonado e poderá ser cedido, acolleito temporalmente ou adoptado segundo o artigo 17 do Decreto Legislativo 2/2008 de 15 de abril, polo cal apróbase o Texto refundido da Lei de protección dos Animais.