APROBACIÓN INICIAL MODIFICACIÓN ORZAMENTARIA
N. Expediente |
4709/2019 |
Asunto |
MODIFICACIÓN DE CRÉDITO Nº 2019/MOD/030–SUPLEMENTO DE CRÉDITO R.E.C. 03/2019 |
ANUNCIO APROBACIÓN INICIAL MODIFICACIÓN ORZAMENTARIA
O Pleno desta Corporación, en sesión ordinaria celebrada o día 26 de setembro de 2019, acordou a aprobación inicial do expediente de modificación orzamentaria baixo a modalidade de suplemento de crédito co nº 2019/MOD/030 (nº expediente 4709/2019).
De acordo co establecido nos artigos 112.3 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 169.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, sométese o expediente administrativo a exposición pública polo período de 15 días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, para que os interesados poidan examinalo na Secretaría Xeral do Concello e interpor perante o Pleno as reclamacións que consideren oportunas.
A modificación orzamentaria considerarase definitivamente aprobada se durante o citado prazo non se presentaran reclamacións en contra da mesma.
Documento asinado electronicamente.