CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA O ENSINO E O TRANSPORTE DO CONCELLO DE CAMBADOS 2019/2020
Prazo de presentación de solicitudes do 03/10/2019 ao 17/10/2019
BASES CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA O ENSINO E O TRANSPORTE DO CONCELLO DE CAMBADOS 2019-2020
BDNS(Identif.):475090
De acordo co previsto nos artigos 17.3. b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeneral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pódese consultar na Base de Datos Nacional de Subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans) e no Portal de Transparencia do Concello de Cambados (http://transparenciacambados.gal).
Primeiro. Beneficiarios
Colectivos con carencias económicas e familias con menos recursos económicos do Concello de Cambados, que cumpran os requisitos fixados na convocatoria.
Segundo. Obxecto
É obxecto das subvencións establecer un réxime compensatorio de carácter social destinado a colectivos con carencias económicas, co obxecto de paliar os gastos que supón a escolarización pública e formación universitaria en familias con menos recursos económicos do Concello de Cambados.
Terceiro. Bases reguladoras
Ordenanza Xeral de Subvencións do Concello de Cambados, aprobada polo Pleno en sesión celebrada o 28 de outubro de 2004 e publicada no BOPPO nº 217 do 10 de novembro de 2004.
Cuarto. Contía da axuda
Para o financiamento deste programa de axudas establécese crédito en contía máxima de 18.000,00 euros na aplicación 320.481.00 do Orzamento do Concello de Cambados para o exercicio 2019. De acordo co mesmo, a concesión das axudas queda condicionada á existencia de crédito idóneo e suficiente no momento da resolución da concesión.
A determinación da contía individualizada de cada subvención resultará da puntuación obtida tras a aplicación dos criterios e contías máximas establecidos nas bases da convocatoria
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais contados a partir do día seguinte da publicación do extracto da convocatoria na forma e termos previstos na Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeneral de Subvencións, en relación coa Base de Datos Nacional de Subvencións.
Sexto. Outros datos
As solicitudes de subvención presentaranse segundo os formularios que figuran nas Bases da convocatoria.
Cambados, a 27/09/2019