CONVOCATORIA PÚBLICA DE SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS A ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO PARA O ANO 2019
Prazo de presentación de solicitudes do 03/10/2019 ao 17/10/2019
BASES CONVOCATORIA SUBVENCIÓNS ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO 2019
SEDE ELECTRONICA DO CONCELLO DE CAMBADOS
BDNS(Identif.):475082
De acordo co previsto nos artigos 17.3. b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeneral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pódese consultar na Base de Datos Nacional de Subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans) e no Portal de Transparencia do Concello de Cambados (http://transparenciacambados.gal).
Primeiro. Beneficiarios
Poderán solicitar estas subvencións as persoas xurídicas, asociacións, agrupacións veciñais ou comités organizadores que carezan de fins de lucro e cumpran os requisitos fixados nas Bases da convocatoria.
Segundo. Obxecto
A finalidade desta convocatoria é promover, fomentar e apoiar as asociacións, entidades e clubs deportivos na realización de actividades culturais, deportivas, asociativas, sociais, asistencias e educativas durante o ano 2019.
Terceiro. Bases reguladoras
Ordenanza Xeral de Subvencións do Concello de Cambados, aprobada polo Pleno en sesión celebrada o 28 de outubro de 2004 e publicada no BOPPO nº 217 do 10 de novembro de 2004.
Cuarto. Contía da axuda
As contías previstas no Orzamento Municipal 2019 para esta convocatoria de subvencións e que representan o máximo de obrigacións que se poden adquirir, son as consignadas nas seguintes aplicacións orzamentarias:
231.489.00 Transf. a entidades benéfico-asistenciais 27.000,00 €
326.489.00 Transf. para actividades complementarias de educación 5.100,00 €
334.489.00 Transf. a entidades culturais 6.200,00 €
337.489.00 Transf. ocio e tempo libre 6.700,00 €
338.489.00 Transf. festas populares 3.000,00 €
341.489.00 Transf. a entidades deportivas 72.000,00 €
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
As entidades interesadas poderán solicitar as subvencións no prazo de quince días naturais, contados a partir do día seguinte da publicación do extracto da convocatoria no BOPPO na forma e termos previstos na Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeneral de Subvencións, en relación coa Base de Datos Nacional de Subvencións.
Sexto. Outros datos
As solicitudes de subvención presentaranse segundo os formularios que figuran nas Bases da convocatoria.
Cambados, a 27 de setembro do 2019.