PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • SETEMBRO 2019 – DELEGACIÓN NO CONCELLEIRO CONSTANTINO CORDAL RODRÍGUEZ PARA CELEBRACIÓN DE VODA CIVIL

SETEMBRO 2019 – DELEGACIÓN NO CONCELLEIRO CONSTANTINO CORDAL RODRÍGUEZ PARA CELEBRACIÓN DE VODA CIVIL

Expte. 4521/2019
Matrimonio civil – Delegación en concelleiro

RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA

Debendo celebrarse voda civil, o día 9 de setembro, ás 12.00 horas, polos contraentes don X.CH.P. (D.N.I. 35476346L) e dona A.A.V. (D.N.I. 34879037C), e toda vez que o artigo 51 do Código Civil, en concordancia co artigo 43 do Real Decreto 2568/1986, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, establece, o primeiro, a competencia para autorizar matrimonios civís do Alcalde, ou Concelleiro en quen delegue, e o segundo a atribución da Alcaldía de dispoñer delegacións especiais para cometidos específicos en calquera Concelleiro, anque non pertenza á Xunta de Goberno Local, é polo que, en base ó exposto, pola presente teño a ben,

RESOLVER

 Delegar no Concelleiro da Corporación de Cambados, don CONSTANTINO CORDAL RODRÍGUEZ, para que o día 9 de setembro do ano 2.019, actúe, por delegación desta Alcaldía, na voda civil a celebrar nesta Casa Consistorial, ás 12’00 horas, entre os contraentes don X.CH.P. (D.N.I. 35476346L) e dona A.A.V. (D.N.I. 34879037C); e,

 Que da presente Resolución se dea conta ao Sr. Concelleiro-Delegado e aos contraentes, para o seu coñecemento e oportunos efectos, remitíndose así mesmo copia da presente Resolución, xunto co testemuño da realización da voda ó Sr. Xuíz-Encargado do Rexistro Civil de Cambados, para o seu coñecemento e efectos procedentes.