PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • SETEMBRO 2019 – NOMEAMENTO PERSOAL “O TEU PRIMEIRO EMPREGO”

SETEMBRO 2019 – NOMEAMENTO PERSOAL “O TEU PRIMEIRO EMPREGO”

RESOLUCION DE NOMEAMENTO PERSOAL “O TEU PRIMEIRO EMPREGO”

Visto o acordo de aprobación de Bases de 28.08.2019 relativo á contratación de catro (4) traballadores (Diplomado/Grado en relacións laboráis; Diplomatura en Xestión e Administración Pública / Grao en Dirección e Xestión  Pública (2); Mestre, especialidade en Educación Primaria / Grao en Educación Primaria) en réxime laboral temporal, a tempo completo, e na modalidade de contrato de traballo en prácticas de conformidade co establecido no artigo 11 do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores.

Visto que solicitada oferta ao servizo público de emprego preséntanse aspirantes, ditándose Resolución de admitidos e excluídos ao proceso de 11.09.2019.

Visto que reunido o Tribunal Cualificador en data de 12.09.2019 obtéñense os seguintes resultados, emitíndose proposta de nomeamento en favor de en favor de Eva Lojo Maestu e Susana Estévez García (Diplomatura en Xestión e Administración Pública / Grao en Dirección e Xestión Pública), Andrea Caamaño Torres (Diplomado / Grao en Relacións Laborais) e Isabel Rodríguez Torres (Mestre especialidade en Educación Primaria / Grao en Educación Primaria) ao resultar as aspirantes con maior puntuación de acordo co número de postos convocados.

DECRETO 2019-1072 [DECRETO – NOMEAMENTO PERSOAL O TEU PRIMEIRO EMPREGO]