PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • SETEMBRO 2019 – ACTA DA MESA DE CONTRATACIÓN

SETEMBRO 2019 – ACTA DA MESA DE CONTRATACIÓN

ACTA DA MESA CONTRATACIÓN Nº 2

DAR CONTA DO INFORME DO TÉCNICO MUNICIPAL E FORMULAR PROPOSTA DE ADXUDICACIÓN DAS OBRAS DE HUMANIZACIÓN RÚA OURENSE E RÚA PONTEVEDRA

Expte. Deputación: 2017016908
Expte. Contratación: 3528/2019

Na Oficina do Servizo de Contratación, reúnense o día 5 de setembro de 2019, ás dez horas e cinco minutos, a Alcaldesa, Dª Fátima Abal Roma, o Secretario municipal, D. Miguel Rodríguez de Vicente-Tutor, a Interventora municipal, Dª Paula Cacabelos Otero e a funcionaria do Servizo de Contratación, Dª Mar Mondragón Treviño, co obxecto de dar conta do informe-valoración, emitido polo Técnico Municipal ás ofertas presentadas polas empresas que tomaron parte na procedemento de licitación aberto simplificado das obras de “HUMANIZACIÓN RÚA OURENSE E RÚA PONTEVEDRA”, (Expte. contratación nº 3528/2019), e formular proposta de adxudicación do contrato, se procede.

Datos do contrato:

  • Tipo de contrato: OBRAS
  • Obxecto do contrato: HUMANIZACIÓN DA RÚA OURENSE E RÚA PONTEVEDRA.
  • Procedemento de contratación: Aberto simplificado con división en lotes .
  • Tramitación: Ordinaria.
  • Código CPV: 45233252-0 Traballos de pavimentación de rúas.
  • Prezo estimado: 122.076,15 € IVE: 25.635,99 €
  • Orzamento base de licitación: 147.712,14 €
  • Duración: 2 MESES
  • Execución material 102.585,00
  • 13% Gastos xerais 13.336,05
  • 6% Beneficio industrial 6.155,10
  • Valor estimado 122.076,15
  • 21% IVE 25.635,99
  • Presuposto base de licitación 147.712,14

LOTE 1.- RÚA OURENSE

  • Execución material 47.162,77
  • Gastos xerais 13% 6.131,16
  • Beneficio industrial 6% 2.829,77 8.960,93
  • Valor estimado do contrato 56.123,70

LOTE 2.- RÚA PONTEVEDRA

  • Execución material 55.422,23
  • Gastos xerais 13% 7.204,89
  • Beneficio industrial 6% 3.325,33 10.530,22
  • Valor estimado do contrato 65.952,45