PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • AGOSTO 2019 – CONTA XERAL EXERCICIO 2018

AGOSTO 2019 – CONTA XERAL EXERCICIO 2018

Visto que a Intervención procedeu á formación da Conta Xeral do exercicio 2018, acompañada do correspondente informe.
De acordo co disposto no artigo 212 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, sométese a mesma a informe da Comisión Especial de Contas e proponse a emisión do seguinte

DITAME

PRIMEIRO.- Informar favorablemente a Conta Xeral do exercicio 2018.
SEGUNDO.- Expóñase ao público durante quince días para que nese prazo e oito días máis, admítanse as reclamacións, reparos e observacións que poidan formularse por escrito.
TERCEIRO.- No caso de que se produza algunha reclamación, reparo ou observación, esta Comisión estudará os que se presenten e emitirá un novo informe que elevará ao Pleno da Corporación. De non existir reclamacións elevarase ao Pleno da Corporación o presente ditame.
CUARTO.- Acompañada dos informes da Comisión Especial e das reclamacións e reparos formulados, a conta xeral someterase ao Pleno da corporación, para que, no seu caso, poida ser aprobada antes do día 1 de outubro.

CONTA XERAL 2018