PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • AGOSTO 2019 – RESOLUCIÓN ALCALDIA DESIGNACIÓN TENENTES DE ALCALDE E DELEGACIÓN ATRIBUCIÓNS NA X.G.L.

AGOSTO 2019 – RESOLUCIÓN ALCALDIA DESIGNACIÓN TENENTES DE ALCALDE E DELEGACIÓN ATRIBUCIÓNS NA X.G.L.

RESOLUCIÓN ALCALDIA DESIGNACIÓN TENENTES DE ALCALDE E DELEGACIÓN ATRIBUCIÓNS NA X.G.L.

ANUNCIO

Anuncio de Resolución da Alcaldía de 08.07.2019 pola que se designan Tenentes de Alcalde e se delegan atribucións na Xunta de Goberno Local

En uso das atribucións que me confiren os artigos 21.2 e 23 da Lei 7/1985, do 2 de abril reguladora das bases do réxime local; os artigos 61.2 e 62.1 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de administración local de Galicia e 46.1 e 52 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais,

RESOLVO:

1.Nomear membros da Xunta de Goberno deste Concello aos seguintes concelleiros/as:

D. Constantino Cordal Rodríguez

D. Samuel Lago Ozón

D. Xurxo Charlín Trigo

Dª Mª Cruz Leiro Peña

2.As sesións ordinarias da Xunta de Goberno Local celebraranse con periodicidade semanal os mércores ás 13:30 horas.

3.Nomear tenentes de alcalde pola seguinte orde e coas funcións que a este cargo atribúen os artigos 23.3 da Lei 7/1985 de 2 de abril, 65 da Lei 5/1997, de 22 de xullo de administración local de Galicia e 47 do Real Decreto 2568/1986 de 28 de novembro a:

Primeiro Tenente de Alcalde: D. Constantino Cordal Rodríguez

Segundo: Tenente de Alcalde: D. Samuel Lago Ozón

Terceiro: Tenente de Alcalde: D. Xurxo Charlín Trigo

Cuarto: Tenente de Alcalde: Dª Mª Cruz Leiro Peña

4.En base ás atribucións que me confiren os artigos 21.3 e 23.2.b) da Lei 7/1985 do 2 de abril; 11, 44 e 53.2 do Real Decreto 2568/1986 do 28 de novembro delegar na Xunta de Goberno Local as seguintes competencias:

4.1.O outorgamento de licenzas urbanísticas e a toma de coñecemento de comunicacións previas e declaración responsables.

4.2.As aprobacións dos instrumentos de planeamento de desenvolvemento do planeamento xeral non expresamente atribuidas ao Pleno, así como a dos instrumentos de xestión urbanística e dos proxectos de urbanización.

4.3.A aprobación da oferta de emprego público.

4.4.A aprobación de Bases de selección de funcionarios de carrera e de persoal laboral fixo.

4.5.Nos expedientes de subvencións, a adopción das de actos de trámite cualificados, de resolución e da súa concesión.

4.6.A aprobación dos expedientes de contratación en procedementos abertos non simplificados e as adxudicacións de concesións sobre bens municipais da competencia da Alcaldía.

4.7.A resolución de expedientes de responsabilidade patrimonial da Administración Pública.

As ditas facultades delegadas exerceranse sen prexuízo das facultades de avocación recoñecidas pola alcaldía pola lexislación vixente.

De acordo co artigo 115.3 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro delégase, igualmente, a resolución dos recursos de reposición que se dicten por parte do órgano delegado.

5.Do presente decreto darase conta ao Pleno na primeira sesión que celebre, publicarase no Boletín Oficial da provincia, sen prexuízo da súa efectividade dende o día seguinte á súa sinatura.

Cambados