PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • AGOSTO 2019 – RESOLUCIÓN ALCALDÍA DESIGNACIÓN INSTRUTOR PROC. EXPTES. SANCIONADORES EN MATERIA DE TRÁFICO

AGOSTO 2019 – RESOLUCIÓN ALCALDÍA DESIGNACIÓN INSTRUTOR PROC. EXPTES. SANCIONADORES EN MATERIA DE TRÁFICO

RESOLUCIÓN ALCALDÍA DESIGNACIÓN INSTRUTOR PROC. EXPTES. SANCIONADORES EN MATERIA DE TRÁFICO

ANUNCIO

Faise público, para xeral coñecemento, que mediante Resolución da Alcaldía de 01.08.2019 adoptouse o seguinte,

ACORDO:

“O/A Alcalde/esa, no uso das facultades que lle confire a lexislación local vixente, en relación coa ampliación da delegación de competencias do Concello de Cambados a favor na Excma. Deputación Provincial de Pontevedra–ORAL para a encomenda de xestión de colaboración na tramitación dos expedientes sancionadores en materia de tráfico,

Vista a delegación efectuada na Deputación Provincial de Pontevedra–ORAL para encomenda de xestión de colaboración na tramitación dos expedientes sancionadores en materia de tráfico e recadación en período voluntario e executivo, e en virtude do Regulamento do Servizo de Colaboración na Xestión das Sancións de Tráfico publicado no B.O.P. o 23 de xuño de 2010, para os efectos de proceder á tramitación dos correspondentes procedementos sancionadores, RESOLVO:

Designar como INSTRUTOR DOS PROCEDEMENTOS a D. Xurxo Charlín Trigo, con DNI XXXXXX-K; cargo: Concelleiro delegado de Economía e Facenda.”

DOCUMENTO ASINADO ELECTRÓNICAMENTE