PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • AGOSTO 2019 – RESOLUCIÓN ALCALDIA DELEGACIÓN ATRIBUCIÓNS E NOMEAMEAMENTO CONCELLEIROS/AS DELEGADOS/AS

AGOSTO 2019 – RESOLUCIÓN ALCALDIA DELEGACIÓN ATRIBUCIÓNS E NOMEAMEAMENTO CONCELLEIROS/AS DELEGADOS/AS

RESOLUCIÓN ALCALDIA DELEGACIÓN ATRIBUCIÓNS E NOMEAMEAMENTO CONCELLEIROS/AS DELEGADOS/AS

Anuncio da Resolución da Alcaldía de 08.07.2019 pola que se delegan atribucións da Alcaldía e nomeamento de Concelleiros/as Delegados/as

Vista a celebración das eleccións municipais o día 26 de maio de 2019, e habéndose procedido o día 15 de xuño á constitución da nova Corporación Local, en uso das miñas atribucións, e ao amparo dos artigos 23.4 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e dos artigos 114 a 121 e 43 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais aprobado por Real Decreto 2568/1986 do 28 de novembro,

RESOLVO:

1.Realizar as seguintes delegacións en favor dos concelleiros/as que se relacionan a continuación:

Delegacións Xenéricas:

1.Servizos Sociais, Terceira Idade, Seguridade Cidadá e Mobilidade: D. Constantino Cordal Rodríguez.

2.Obras e Servizos: D. Samuel Lago Ozón.

3.Economía, Facenda, Industria e Urbanismo: D. Xurxo Charlín Trigo.

4.Turismo e Enoturismo: Dª Mª Cruz Leiro Peña.

Ámbito e alcance das delegacións xenéricas:

Comprende o exercicio das facultades xenéricas de dirección e xestión, así como a de ditar actos de trámite e resolutorios que afecten a terceiros co exercicio das competencias propias da Alcaldía da súa área e que non se atopen delegadas na Xunta de Goberno Local.

Expresamente:

1.O fomento de actividades e políticas dentro do ámbito da súa área, dentro dos límites fixados nas bases de execución do Presuposto.

2.O impulso e tramitación de Convenios de Colaboración con outras Administracións Públicas dentro do ámbito da súa área, reservándose a Alcaldía a súa formalización.

3.A incoación e tramitación dos expedientes de solicitude de subvencións ante outras Administracións Públicas, ou facendo a oportuna proposta para elevar ao Pleno no caso de que éste sexa o órgano competente.

4.A responsabilidade da xustificación, así mesmo, das subvencións ou axudas concedidas dentro do seu ámbito de actuación.

5.Propoñer actuacións ao órgano de contratación competente, nas materias relacionadas coa súa area.

6.A iniciación e resolución dos procedementos de reposición da legalidade e sancionadores no ámbito das súas respectivas áreas.

7.A presentación de alegacións e recursos nos expedientes sancionadores incoados contra o Concello na súa área.

8.Sinatura dos actos de trámite, propostas de resolución, comunicacións, decretos de arquivo e resolucións en xeral no ámbito das materias delegadas.

9.Solicitar os informes precisos para o correcto desenvolvemento das súas funcións do persoal ao servizo do Concello adscrito a súa área ou Departamento. Noutro caso deberá de contar coa autorización da Alcaldía.

10.Prestar a súa conformidade ás certificacións, subministracións, servizos e facturas emitidas ao Concello dentro do ámbito da súa área.

11.Supervisar a execución das obras e os servizos que se executen ou estean a executar no ámbito da súa área, de acordo cos técnicos directores ou responsables dos contratos, elevando as oportunas propostas ao órgano de contratación.

De acordo co artigo 115.3 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro delégase, igualmente, a resolución dos recursos de reposición que se dicten por parte do órgano delegado.

Todas as delegacións comprenderán as facultades de informar previamente á adopción dun acordo respecto dos servizos delegados, a de dirixir os servizos correspondentes así como a de xestionalos en xeral.

Delegacións Especiais:

Comprende o fomento de actividades e políticas dentro do ámbito da súa área sen a posibilidade de ditar actos de trámite e resolutorios que afecten a terceiros.

Comercio, Promoción Económica, Infancia e Novas Tecnoloxías: Dª Carolina Aragunde Laya.

Xuventude: D. David Mesías Fernández.

A Alcaldía resérvase o exercizo das competencias que non se delegan.

De acordo co artigo 115 do Real Decreto 2568/1986 do 28 de novembro a Alcaldía conservará as seguintes facultades en relación coa competencia delegada,

a)A de recibir información detallada da xestión da competencia delegada e dos actos ou disposicións emanados en virtud da delegación.

b)A de ser informado previamente á adopción de decisións de trascendencia.

A Alcaldesa, en calquera momento, poderá asumir as atribucións delegadas por esta resolución, sen prexuízo de poder avogar en calquera momento as competencias delegadas con arranxo á lexislación vixente sobre procedemento administrativo común.

Os/as concelleiros/as mencionados/as neste Decreto non poderán delegar nun terceiro as atribucións que lle conferiu a Alcaldía.

3.Notificar este decreto aos interesados/as, facéndolles saber que a delegación se entenderá aceptada tácitamente se no termo de tres días hábiles contados desde a súa notificación, non fan manifestación expresa ante o órgano delegante, da súa non aceptación.

Cambados