PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • AGOSTO 2019 – DELEGACIÓN DA ALCALDIA NO TENENTE DE ALCALDE D. SAMUEL LAGO OZÓN PARA CELEBRACIÓN DE MATRIMONIO CIVIL

AGOSTO 2019 – DELEGACIÓN DA ALCALDIA NO TENENTE DE ALCALDE D. SAMUEL LAGO OZÓN PARA CELEBRACIÓN DE MATRIMONIO CIVIL

DELEGACIÓN DA ALCALDIA NO TENENTE DE ALCALDE D. SAMUEL LAGO OZÓN PARA CELEBRACIÓN DE MATRIMONIO CIVIL (EXPTE. 3899/2019)

Expte. 3899/2019

Matrimonio civil – Delegación en concelleiro

RESOLUCION DA ALCALDIA

Debendo celebrarse voda civil, o día 16 de agosto, ás 12’30 horas, polos contraentes D. LUÍS ÁLVAREZ PÉREZ e Dª ROCIO VILAS LOSADA, e toda vez que o artigo 51 do Código Civil, en concordancia co artigo 43 do Real Decreto 2568/1986, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, establece, o primeiro, a competencia para autorizar matrimonios civís do Alcalde, ou Concelleiro en quen delegue, e o segundo a atribución da Alcaldía de dispoñer delegacións especiais para cometidos específicos en calquera Concelleiro, anque non pertenza á Xunta de Goberno Local, é polo que, en base ó exposto, pola presente teño a ben,

RESOLVER:

1º.—Delegar no Concelleiro da Corporación de Cambados, D. SAMUEL LAGO OZÓN, para que o día 16 de agosto do ano 2.019, actúe, por delegación desta Alcaldía, na voda civil a celebrar nesta Casa Consistorial, ás 12’30 horas, entre os contraentes D. LUÍS ÁLVAREZ PÉREZ e Dª ROCIO VILAS LOSADA; e,

2º.—Que da presente Resolución se dea conta ao Sr. Concelleiro-Delegado e aos contraentes, para o seu coñecemento e oportunos efectos, remitíndose asimismo copia da presente Resolución, xunto co testemuño da realización da voda ó Sr. Xuiz-Encargado do Rexistro Civil de Cambados, para o seu coñecemento e efectos procedentes.

DOCUMENTO ASINADO ELECTRÓNICAMENTE