BASES QUE REXIRÁN A CONTRATACIÓN DE CATRO TRABALLADORES/AS NA MODALIDADE DE CONTRATO EN PRÁCTICAS
BASES SELECCION PERSOAL _O TEU PRIMEIRO EMPREGO
LISTA DE CANDIDATOS. GRADO EN DIRECCION E XESTION PUBLICA
LISTA DE CANDIDATOS MESTRE EN EDUCACION PRIMARIA
LISTA DE CANDIDATOS RELACIONS LABORAIS
PRIMEIRA. OBXECTO
É obxecto da presente convocatoria regular a contratación de catro (4) traballadores (Diplomado/Grado en relacións laboráis; Diplomatura en Xestión e Administración Pública / Grao en Dirección e Xestión Pública (2); Mestre, especialidade en Educación Primaria / Grao en Educación Primaria) en réxime laboral temporal, a tempo completo, e na modalidade de contrato de traballo en prácticas de conformidade co establecido no artigo 11 do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores.
A presente selección enmárcase dentro da Subvención concedida pola Excma Deputación Provincial de Pontevedra no programa de fomento da empregabilidade na provincia de Pontevedra “O teu primeiro emprego” nos Concellos.
SEGUNDA. RÉXIME, MODALIDADE DE CONTRATACION E RETRIBUCIÓNS
A contratación se realizará por un primeiro período de seis meses, que poderá ser obxecto de prórroga por outros seis mais, condicionada, en todo caso, á existencia de crédito axeitado e suficiente.
TERCEIRA. REQUISITOS
Para tomar parte no proceso selectivo, os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:
a)Nacionalidade:
-Ser español.
-Ser nacional dun Estado membro da Unión Europea, do Reino de Noruega, da República de Islandia, ou Liechtestein, así como da Confederación de Suiza, ou nacional de algún Estado ao que, en virtude dos Tratados Internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación la libre circulación de traballadores.
-Tamén poderán participar os extranxeiros non comunitarios que residan legalmente en España conforme ás normas legais vixentes, que reúnan os permisos que lle habiliten para residir e para acceder sen limitacións ao mercado laboral.
b)Ter cumplidos os 16 anos de idade e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.
c)Non padecer enfermidade nin defecto físico que impida o normal desenvolvemento das funcións correspondentes a dita praza. As persoas con minusvalías deberán aportar certificación do correspondente organismo, sinalando se precisan adaptacións para realización das probas e especificando tales adaptacións.
d)Titulación: Deberá contar coas seguintes titulacións en función da categoría á que se presente:
-Diplomatura / Grao en relacións laborais
-Diplomatura en Xestión e Administración Pública / Grao en Dirección e Xestión Pública
-Mestre, especialidade en Educación Primaria / Grao en Educación Primaria
e)Ser demandante de emprego desempregado ou co cartón de mellora de emprego, inscrito no Servizo Público de Emprego e cumprir cos requisitos esixidos para a formalización dun contrato en prácticas de acordo coas Bases aprobadas pola Excma. Deputación Provincial de Pontevedra.
Estes requisitos deberán cumprirse tanto no momento da selección coma no da formalización do contrato.
CARTA.- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E ADMISIÓN
Os participantes nas probas selectivas serán os remitidos nos listados da Oficina de Emprego, tal e como recolle no artigo 14 das Bases do Programa de Fomento da Empregabilidade na Provincia de Pontevedra “O teu primeiro emprego” unha vez que o Concello de Cambados lle trasladou a correspondente oferta de emprego á dita oficina.
Os aspirantes dispoñen dun prazo de TRES DIAS NATURAIS para aportar a solicitude de participación e a documentación xustificativa dos méritos alegados segundo o previsto nas presentes Bases, que se contarán a partir do día seguinte á súa publicación no Taboleiro de Edictos do Concello.
Transcorrido o prazo de presentación de solicitudes e de documentación xustificativa de méritos a Presidencia ditará resolución, que se deberá publicar no taboleiro de anuncios do Concello, publicando a lista provisional de admitidos e excluídos e indicando a designación nominal do Tribunal Cualificador, sinalando un prazo dun día hábil para emendar o defecto que motivase a súa exclusión ou omisión.
No caso de se producir reclamacións deberase dictar nova resolución estimándoas ou desestimándoas coa publicación definitiva de admitidos e excluídos no Taboleiro de Edictos do Concello.
Os aspirantes que no prazo sinalado non emenden a exclusión ou non aleguen a omisión serán definitivamente excluídos da participación das probas.
De non presentarse reclamación ningunha, ou se a documentación presentada por todos os aspirantes cumpre cos requisitos establecidos nas bases, a lista provisional elevarase a definitiva.
Transcorrido o prazo de presentación de solicitudes a presidencia ditará resolución, que se deberá publicar no taboleiro de anuncios do Concello, indicando a designación nominal do Tribunal Cualificador así como o lugar, data e hora no que se avaliarán os méritos do concurso, sinalando un prazo de tres días hábiles para emendar o defecto que motivase a exclusión ou omisión.
No caso de se producir reclamacións deberase ditar nova resolución estimándoas ou desestimándoas coa publicación definitiva de admitidos e excluídos no Taboleiro de Edictos do Concello.
Os aspirantes que no prazo sinalado non emenden a exclusión ou non aleguen a omisión serán definitivamente excluídos da participación nas probas.
De non presentarse reclamación ningunha, ou se a documentación presentada cumpre cos requisitos establecidos nas bases, a lista provisional elevarase a definitiva.