Nesta edición do Xantar do Albariño participaron un total de 550 persoas, das cales 240 abonaron o seu prato. O que supuxo uns ingresos por venta de Tarxetas do Xantar do Albariño de un total de 10.800€.
No tócante aos Convidados do Xantar do Albariño foron un total de 310. Destes 126 convidados corresponden a 63 adegas que entregan ao Concello de Cambados cada una delas, 3 caixas de viño que son servidas no propio xantar; 47 corresponden as Cofarías Gastronómicas convidando una persoa por Cofaría; 39 a autoridades locais, membros da corporación, anteriores alcaldes, alcaldes de concellos da comarca, representantes da Deputación de Pontevedra e Xunta de Galicia;38 aos membros da Xunta Directiva da Denominación de Orixe Rías Baixas e persoal da Cata; 20 a patrocinadores da Festa do Albariño; 15 a medios de comunicación; 15 aos membros do Grupo musical Manso e Amigos; e 10 a persoal municipal, protocolo, presentador e técnicos de son .