PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • AGOSTO 2019 – APROBACIÓN INICIAL DE MODIFICACIÓN ORZAMENTARIA, APLICACIÓN SUPERÁVIT 2018

AGOSTO 2019 – APROBACIÓN INICIAL DE MODIFICACIÓN ORZAMENTARIA, APLICACIÓN SUPERÁVIT 2018

APROBACIÓN INICIAL DE MODIFICACIÓN ORZAMENTARIA, APLICACIÓN SUPERÁVIT 2018

N. Expediente

3563/2019

Asunto

APLICACIÓN DO SUPERÁVIT DA LIQUIDACIÓN DO ORZAMENTO 2018

ANUNCIO APROBACIÓN INICIAL MODIFICACIÓN ORZAMENTARIA

O Pleno desta Corporación, en sesión ordinaria celebrada o día 24 de xullo de 2019, acordou a aprobación inicial do expediente de modificación orzamentaria baixo a modalidade de suplemento de crédito n.º 2019/MOD/022 para a aplicación do superávit 2018, con cargo ao remanente de tesourería para gastos xerais.

De acordo co establecido nos artigos 112.3 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 169.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, sométese o expediente administrativo a exposición pública polo período de 15 días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, para que os interesados poidan examinalo na Secretaría Xeral do Concello e interpor perante o Pleno as reclamacións que consideren oportunas.

A modificación orzamentaria considerarase definitivamente aprobada se durante o citado prazo non se presentaran reclamacións en contra da mesma.