PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • XULLO 2019 – Nomeamento de Tenentes de Alcalde e membros da Xunta de Goberno Local

XULLO 2019 – Nomeamento de Tenentes de Alcalde e membros da Xunta de Goberno Local

En uso das atribucións que me confiren os artigos 21.2 e 23 da Lei 7/1985, do 2 de abril reguladora das bases do réxime local; os artigos 61.2 e 62.1 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de administración local de Galicia e 46.1 e 52 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais,

RESOLVO:

1.Nomear membros da Xunta de Goberno deste Concello aos seguintes concelleiros/as:
D. Constantino Cordal Rodríguez
D. Samuel Lago Ozón
D. Xurxo Charlín Trigo
Dª Mª Cruz Leiro Peña

2.As sesións ordinarias da Xunta de Goberno Local celebraranse con periodicidade semanal os mércores ás 13:30 horas.

3.Nomear tenentes de alcalde pola seguinte orde e coas funcións que a este cargo atribúen os artigos 23.3 da Lei 7/1985 de 2 de abril, 65 da Lei 5/1997, de 22 de xullo de administración local de Galicia e 47 do Real Decreto 2568/1986 de 28 de novembro a:
Primeiro Tenente de Alcalde: D. Constantino Cordal Rodríguez
Segundo: Tenente de Alcalde: D. Samuel Lago Ozón
Terceiro: Tenente de Alcalde: D. Xurxo Charlín Trigo
Cuarto: Tenente de Alcalde: Dª Mª Cruz Leiro Peña

Resolucion Nomeamento Tenentes de Alcalde e membros da Xunta de Goberno Local