PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • XULLO 2019 – Delegación de atribucións da Alcaldía e nomeamento de Concelleiros/as Delegados/as

XULLO 2019 – Delegación de atribucións da Alcaldía e nomeamento de Concelleiros/as Delegados/as

Vista a celebración das eleccións municipais o día 26 de maio de 2019, e habéndose procedido o día 15 de xuño á constitución da nova Corporación Local, en uso das miñas atribucións, e ao amparo dos artigos 23.4 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e dos artigos 114 a 121 e 43 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais aprobado por Real Decreto 2568/1986 do 28 de novembro,

RESOLVO:

1.Realizar as seguintes delegacións en favor dos concelleiros/as que se relacionan a continuación:

Delegacións Xenéricas:
1.Servizos Sociais, Terceira Idade, Seguridade Cidadá e Mobilidade: D. Constantino Cordal Rodríguez.
2.Obras e Servizos: D. Samuel Lago Ozón.
3.Economía, Facenda, Industria e Urbanismo: D. Xurxo Charlín Trigo.
4.Turismo e Enoturismo: Dª Mª Cruz Leiro Peña.

Delegacións Especiais:

Comercio, Promoción Económica, Infancia e Novas Tecnoloxías: Dª Carolina Aragunde Laya.
Xuventude: D. David Mesías Fernández

Resolucion Delegacion Atribucións Alcaldía e Nomeamento de Concelleiros Delegados