CONVOCATORIA DE AXUDAS A TRAVÉS DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN POR CONTA ALLEA DOS ALUMNOS PARTICIPANTES NO OBRADOIRO DE EMPREGO DUAL “CAMBADOS RUTA MARÍTIMA CAMIÑO DE SANTIAGO”
Finalidade e duración dos incentivos á contratación por conta allea
Os incentivos á contratación temporal por conta allea teñen por finalidade facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas participantes nos obradoiros duais de emprego, ao abeiro da Orde do 4 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para os obradoiros duais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (DOG núm. 97, do 23 de maio de 2018).
A presente convocatoria circunscríbese á contratación temporal por conta allea dos alumnos participantes no Obradoiro de Emprego “Cambados Ruta Marítima Camiño de Santiago”.
A contratación temporal terá unha duración mínima de 3 meses e a xornada será a tempo completo.