CONVOCATORIA DE AXUDAS A TRAVÉS DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN POR CONTA ALLEA DOS ALUMNOS PARTICIPANTES NO OBRADOIRO DE EMPREGO DUAL “CAMBADOS RUTA MARÍTIMA CAMIÑO DE SANTIAGO”
Artigo 1. Finalidade e duración dos incentivos á contratación por conta allea.
- Os incentivos á contratación temporal por conta allea teñen por finalidade facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas participantes nos obradoiros duais de emprego, ao abeiro da Orde do 4 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para os obradoiros duais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (DOG núm. 97, do 23 de maio de 2018).
- A presente convocatoria circunscríbese á contratación temporal por conta allea dos alumnos participantes no Obradoiro de Emprego “Cambados Ruta Marítima Camiño de Santiago”.
- A contratación temporal terá unha duración mínima de 3 meses e a xornada será a tempo completo.
Artigo 2. Entidades beneficiarias dos incentivos á contratación.
- Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos á contratación as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, cuxa actividade estea directamente relacionada coa formación impartida nos obradoiros duais de emprego, e que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestar servizos en centros de traballo radicados no ámbito territorial dos obradoiros duais de emprego. No caso de sociedades civís, comunidades de bens e unións temporais de empresas deberá facerse constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai a aplicar para cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiario. En calquera caso, deberán nomear unha persoa representante ou apoderada única da agrupación, con poder bastante para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle corresponda á agrupación. No suposto de unións temporais de empresas, cada empresa que forme parte desta unión deberá reunir os requisitos exixidos para acceder ás axudas.
- Non poderán ser entidades beneficiarias destas axudas as administracións públicas, as sociedades públicas, nin as entidades vinculadas ou dependentes de calquera delas.
- Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria das subvencións establecidas neste programa as persoas ou entidades nas que concorran algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:
- a) Ser condenadas mediante sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas.
- b) Solicitar a declaración de concurso, ser declaradas insolventes en calquera procedemento, acharse declaradas en concurso salvo que en este adquirise eficacia un convenio, estar suxeitas a intervención xudicial ou ser inhabilitadas conforme á Lei concursal sen que conclúa o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.
- c) Dar lugar, por causa da que fosen declaradas culpables, á resolución firme de calquera contrato subscrito coa Administración.
- d) Estar incursa a persoa física, os administradores das sociedades mercantís ou aqueles que exerzan a representación legal doutras persoas xurídicas nalgún dos supostos de incompatibilidades que estableza a normativa vixente.
- e) Non estar ao corrente no cumprimento dos abrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou ter pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma nos termos regulamentariamente
- f) Ter a residencia fiscal nun país ou territorio cualificado regulamentariamente como paraíso
- g) Non estar ao corrente de pagamento de obrigas por reintegro de subvencións nos termos regulamentariamente
- h) Ser sancionada, mediante resolución firme, coa perda da posibilidade de obter subvencións segundo a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ou a Lei xeral tributaria.
- i) Non poderán acceder á condición de entidade beneficiaria as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas , públicas ou privadas sen personalidade, cando concorra algunha das prohibicións anteriores en calquera dos seus membros.
- j) En ningún caso poderán obter a condición de entidade beneficiaria as asociacións incursas nas causas de prohibición previstas nos apartados 5 e 6 do artigo 4 da Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, nin as asociacións respecto das que se suspendeu o procedemento administrativo de inscrición por atoparse indicios racionais de ilicitude penal, en aplicación do disposto no artigo 30.4 da Lei orgánica 1/2002, mentres non recaia resolución xudicial firme en cuxa virtude poida practicarse a inscrición no correspondente rexistro.
- Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria os solicitantes que estean excluídos do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme ao establecido no artigo 46 e 46 bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.
- A xustificación por parte das persoas ou entidades solicitantes de non estar incursas nas prohibicións contidas nos números 3 e 4 anteriores para obter a condición de beneficiario realizarase mediante declaración responsable.
Artigo 3. Contía dos incentivos e crédito orzamentario.
- Os contratos temporais incentivaranse cunha subvención fixa de 1.500 € por cada traballador, correspondente ao contrato mínimo de 3 meses a xornada completa.
- Os beneficios establecidos á contratación neste programa non poderán, en concorrencia con outras axudas públicas para a mesma finalidade, superar o 100 % do custo salarial das mensualidades obxecto de subvención.
- Para o financiamento deste programa de axudas establécese crédito en contía máxima de 10.500,00 euros na aplicación orzamentaria 2410/47000. De acordo co mesmo, a concesión das axudas queda condicionada á existencia de crédito axeitado e suficiente no momento da resolución da concesión.
Artigo 4. Exclusións.
Exclúense dos beneficios regulados neste programa:
- As relacións laborais de carácter especial previstas no artigo 2.1 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores ou noutras disposicións legais, así como as contratacións de traballadores ou traballadoras para prestar servizos noutras empresas mediante contratos de posta a disposición.
- Os contratos realizados co cónxuxe, os ascendentes, os descendentes e demais parentes, por consanguinidade ou afinidade, ata o segundo grao inclusive, da empresaria ou empresario ou das persoas que teñan cargos de dirección ou sexan membros dos órganos de administración das empresas que revistan a forma xurídica de sociedade, así como as que se produzan con estes últimos. Non será aplicable esta exclusión cando a persoa empregadora sexa unha persoa traballadora autónoma que contrate como persoa traballadora por conta allea aos fillos e fillas menores de 30 anos, tanto se conviven ou non con ela, ou cando se trate dunha persoa traballadora autónoma sen persoas asalariadas e contrate a un só familiar menor de 45 anos que non conviva no seu fogar nin estea ao seu cargo.
- As contratacións realizadas con persoas traballadoras que nos 24 meses anteriores á data da contratación prestasen servizos na mesma empresa, segundo o establecido no artigo 2 do Regulamento (UE) 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, mediante un contrato de carácter indefinido, ou nos últimos 3 meses mediante un contrato de carácter temporal ou mediante un contrato formativo, de substitución ou de substitución por anticipación da idade de xubilación. O disposto neste parágrafo será tamén de aplicación no suposto de vinculación laboral anterior do traballador ou da traballadora con empresas ás cales a persoa solicitante dos beneficios sucedese en virtude do establecido no artigo 44 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro .
Artigo 5. Prazos e solicitudes.
- As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables deberán presentarse no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria. Entenderase como último día de prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo entenderase que o prazo remata o último día do mes.
- As solicitudes deberán presentarse no modelo normalizado que figura como Anexo I, xunto coa seguinte documentación, orixinal ou copia compulsada ou cotexada.
- Copia do DNI, NIE ou NIF da empresa, e poder suficiente para actuar en nome da entidade.
- Declaración do persoal de todos os centros de traballo da empresa en Galicia no mes anterior ao mes de publicación da presente convocatoria.
- Declaración responsable de que posúe a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.
- Declaración responsable á que fai referencia o artigo 2.5 das presentes bases.
Artigo 6. Xustificación e pagamento.
- O pagamento das subvencións quedará condicionado á presentación da documentación xustificativa nos termos establecidos nas presentes bases e no prazo fixado na resolución de concesión. Excepcionalmente, e por causas debidamente xustificadas, o órgano concedente poderá outorgar unha ampliación do prazo establecido para a presentación da xustificación que non exceda da metade deste. O acordo de ampliación deberá ser notificado ás persoas ou entidades beneficiarias. A documentación para presentar é a seguinte:
- a) Declaración complementaria da presentada coa solicitude, do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para a mesma finalidade das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou, no seu caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións.
- b) Copia dos contratos de traballo obxecto de subvención.
- c) Certificados de estar ao corrente das obrigas tributarias e coa Seguridade Social (AEAT, ATRIGA, SEGURIDAD SOCIAL).
- d) Certificado do Número de conta bancaria titularidade da entidade beneficiaria.
- Non poderá realizarse o pagamento da subvención en tanto a entidade beneficiaria non estea ao corrente no cumprimento das súas abrigas tributarias e fronte á Seguridade Social ou teña pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma ou sexa debedora en virtude de resolución firme declarativa de orixe de reintegro.
Artigo 7. Obrigas das entidades beneficiarias.
- lncorporar á persoa nun posto de traballo directamente relacionado coa formación recibida no obradoiro dual de emprego .
- Manter no seu persoal á persoa contratada polo período de duración do contrato obxecto de subvención . No caso de extinción do contrato de traballo temporal polas causas previstas na normativa laboral vixente con anterioridade ao remate do período exixible, a empresa deberá comunicar esta circunstancia á entidade promotora dos obradoiros duais de emprego no prazo de sete días desde que se produza, para promover a súa substitución nas mesmas condicións, ofertando a cobertura do pasto de traballo vacante a outras persoas participantes no obradoiro, que non fosen contratadas previamente.
- Como consecuencia da contratación temporal pola que se solicita a subvención, ten que incrementarse o emprego neto da entidade solicitante no ámbito territorial de Galicia respecto ao mes anterior ao mes de realización da contratación pola que se solicita a subvención. Para o cálculo do incremento do persoal non se computarán as persoas traballadoras cuxo contrato de traballo se extinga por causas obxectivas ou por despedimento disciplinario que non sexan declarados improcedentes, ou cuxas baixas se produciron por dimisión da persoa traballadora ou por morte, xubilación, incapacidade permanente total ou absoluta ou grande invalidez legalmente recoñecidas, ou por remate do contrato.
- As contratacións polas que se solicita subvención deberán formalizarse e comunicarse á oficina pública de emprego na forma regulamentariamente establecida.
- Unha vez finalizado o período de cumprimento desta abriga, corresponderá á entidade promotora do obradoiro dual de emprego levar a cabo a función de control das subvencións concedidas, así como a avaliación e seguimento deste programa.
Artigo 8. Competencia.
A competencia para resolver as solicitudes de axudas corresponderá ás persoas titulares da entidade promotora do obradoiro dual de emprego.
Artigo 9. Procedemento de concesión, instrución e tramitación .
O procedemento de concesión das solicitudes presentadas ao amparo desta convocatoria non ten a consideración de concorrencia competitiva, dado que, de acordo coa finalidade e o obxecto do programa, non resulta necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento, senón que a concesión da axuda realízase pola comprobación da concorrencia nas empresas e nos empregadores dos requisitos establecidos, ata o esgotamento do crédito orzamentario.
Artigo 10. Resolución e recursos.
- As resolucións de concesión ou denegación serán sempre motivadas.
- O prazo para resolver e notificar é dun mes. que se computarán desde a data de entrada da solicitude no rexistro do órgano competente para a súa tramitación. Transcorrido o dito prazo sen que se dite resolución expresa, entenderase desestimada a solicitude, de acordo co establecido no artigo 23.5 da Lei de subvencións de Galicia.
- Notificada a resolución polo órgano competente, as entidades propostas como beneficiarias dispoñerán dun prazo de dez días para a súa aceptación; transcorrido o cal, sen que se produza manifestación expresa , entenderase tácitamente aceptada .
- As resolucións que se diten neste procedemento esgotan a vía administrativa e contra elas cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa, de acordo co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Poderá formularse, con carácter potestativo, recurso de reposición, no prazo dun mes, ante o mesmo órgano que ditou a resolución impugnada, de conformidade coa Lei 39/2015 , do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Artigo 11. Incompatibilidades e concorrencia.
- As axudas previstas neste programa para as contratacións por canta allea son incompatibles con outras que, polos mesmos conceptos, poidan outorgar as administracións públicas como medida de fomento de emprego . Con todo, serán compatibles, no seu caso, coas bonificacións ou reducións de cotizacións á Seguridade Social.
- Os incentivos establecidos neste programa serán compatibles con calquera outra axuda para distinta finalidade da Unión Europea, doutras administracións públicas ou entes públicos ou privados pero, sen que en ningún caso, aisladamente ou en concorrencia con outras poidan superar os límites establecidos pola Unión Europea e os que establece o artigo 17.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Artigo 12. Perda do dereito ao cobro da subvención e reintegro.
- Procederá a perda do dereito ao cobro da subvención, así como o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas e a exixencia do xuro de demora correspondente desde o momento do pagamento da subvención ata a data en que se acorde a orixe do reintegro, nos casos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
- As abrigas de reintegro establecidas nesta arde, entenderanse sen prexuízo do establecido no Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, que aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.
- Entenderase que se produce un incumprimento parcial e, por tanto, procederá o reintegro parcial dos incentivos cando a persoa traballadora subvencionada cesara na súa relación laboral antes de que transcorra o período mínimo de subvención e a empresa non proceda a substituílo.
Artigo 13. Devolución voluntaria da subvención.
- De acordo co establecido no artigo 64 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, as entidades beneficiarias poderán realizar, sen o requirimento previo da Administración, a devolución total ou parcial da subvención concedida, mediante o seu ingreso na conta da entidade promotora do obradoiro dual de emprego, en concepto de devolución voluntaria da subvención.
- En todo caso, a entidade beneficiaria deberá presentar ante o órgano concedente copia xustificativa da devolución voluntaria realizada, en que conste a data do ingreso, o seu importe, o número do expediente e denominación da subvención concedida.