PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • MAIO 2019 – SELECCIÓN DE DOUS (2) TRABALLADORES /AS PARA AS OFICINAS DE TURISMO DO CONCELLO DE CAMBADOS

MAIO 2019 – SELECCIÓN DE DOUS (2) TRABALLADORES /AS PARA AS OFICINAS DE TURISMO DO CONCELLO DE CAMBADOS

ANUNCIO

Mediante acordo da Xunta de Goberno Local de 08.05.2019 deste Concello aprobáronse as bases para a selección de dous (2) traballadores /as para as oficinas de turismo do Concello de Cambados en réxime laboral temporal a tempo parcial (25 horas semanais), e na modalidade de contrato eventual por circunstancias da producción por un período de seis meses.

O prazo de presentación de solicitudes é de sete días naturais contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.

As bases póñense a disposición dos interesados/as na Secretaría do Concello de Cambados e no Taboleiro de Anuncios

Este programa de subvención financiarase con cargo ao orzamento da Deputación de Pontevedra