PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • ABRIL 2019 – CONVOCATORIA 2019 DE AXUDAS ECONÓMICAS PARA A REHABILITACIÓN E RENOVACIÓN DE EDIFICIOS E VIVENDAS NA ÁREA DE REXENERACIÓN E RENOVACIÓN URBANA DE CAMBADOS

ABRIL 2019 – CONVOCATORIA 2019 DE AXUDAS ECONÓMICAS PARA A REHABILITACIÓN E RENOVACIÓN DE EDIFICIOS E VIVENDAS NA ÁREA DE REXENERACIÓN E RENOVACIÓN URBANA DE CAMBADOS

De acordo co previsto nos artigos 17.3. b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeneral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pódese consultar na Base de Datos Nacional de Subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans) e no Portal de Transparencia do Concello de Cambados (http://transparenciacambados.gal).

ANUNCIO

Primeiro. Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas físicas propietarias dun edificio ou vivenda, as comunidades de persoas propietarias dun edificio de tipoloxía residencial colectiva, ou as agrupacións de comunidades de persoas propietarias, que reúnan os requisitos establecidos no RD. 233/2013, do 5 de abril, e demais determinacións establecidas nas bases da convocatoria.

Segundo. Obxecto

Convocar as axudas económicas 2019 para a rehabilitación e renovación de edificios e vivendas situadas no ámbito da área de Rexeneración e Renovación Urbana do Conxunto Histórico- Área de Rehabilitación Integral de Cambados.

Terceiro. Bases reguladoras

Ordenanza Xeral de Subvencións do Concello de Cambados, aprobada polo Pleno en sesión celebrada o 28 de outubro de 2004 e publicada no BOPPO nº 217 do 10 de novembro de 2004.

Cuarto. Contía da axuda

Para o financiamento deste programa de axudas establécese crédito en contía máxima de 291.692,49 euros na aplicación 1522/78000 do Orzamento do Concello de Cambados para o exercicio 2019. De acordo co mesmo, a concesión das axudas queda condicionada á existencia de crédito idóneo e suficiente no momento da resolución da concesión.A determinación da contía individualizada de cada subvención resultará da aplicación dos criterios e contías máximas establecidos nas bases da convocatoria.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de 45 días naturais contados a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no BOPPO.

Cambados, 03/04/2019