PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • MARZO 2019 – DELEGACIÓN DA ALCALDÍA

MARZO 2019 – DELEGACIÓN DA ALCALDÍA

DECRETO DA ALCALDIA

Por motivos familiares teño que continuar coa miña ausencia, hoxe e mañán, días 7 e 8 de marzo, polo que seguirá actuando como Alcalde en funcións, o Tenente de Alcalde D. VICTOR M. CAAMAÑO RIVAS.

Na súa consecuencia, e de acordo co disposto no artigo 63 da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, en concordancia co artigo 47 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, polo presente teño a ben

RESOLVER

1º.—Delegar no Tenente de Alcalde D. VICTOR M. CAAMAÑO RIVAS, as funcións da Alcaldía os días 7 e 8 de marzo, inclusive, funcións que desempeñará na súa totalidade; e,

2º.—Que do presente Decreto se dea conta ó interesado, ós Xefes de Servizo do Concello de Cambados e ó Portavoz do grupo municipal do P.P., para o seu coñecemento e ós oportunos efectos, publicándose a presente delegación no B.O.P.

DOCUMENTO ASINADO ELECTRÓNICAMENTE