PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • FEBREIRO 2019 – DELEGACIÓN DAS FUNCIÓNS DA ALCALDÍA NO TENENTE DE ALCALDE, D. VÍCTOR CAAMAÑO RIVAS, DO 13 AO 16 DE FEBREIRO

FEBREIRO 2019 – DELEGACIÓN DAS FUNCIÓNS DA ALCALDÍA NO TENENTE DE ALCALDE, D. VÍCTOR CAAMAÑO RIVAS, DO 13 AO 16 DE FEBREIRO

Expediente 232/2019

DECRETO DA ALCALDIA

Tendo que ausentarme da localidade os días 13 a 16 de febreiro, con motivo da viaxe a Tenerife ao IV Encontro da Rede Nacional de Cidades das Nenas e Nenos, sustituirame durante a miña ausencia, actuando como Alcalde en funcións, o Tenente de Alcalde D. VICTOR M. CAAMAÑO RIVAS.

Na súa consecuencia, e de acordo co disposto no artigo 63 da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, en concordancia co artigo 47 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, polo presente teño a ben

RESOLVER

1º.—Delegar no Tenente de Alcalde D. VICTOR M. CAAMAÑO RIVAS, as funcións da Alcaldía os días 13 a 16 de febreiro, inclusive, funcións que desempeñará na súa totalidade; e,

2º.—Que do presente Decreto se dea conta ó interesado, ós Xefes de Servizo do Concello de Cambados e ó Portavoz do grupo municipal do P.P., para o seu coñecemento e ós oportunos efectos, publicándose a presente delegación no B.O.P.

DOCUMENTO ASINADO ELECTRÓNICAMENTE