PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • FEBREIRO 2019 – BASES PARA A SELECCIÓN DE 20 TRABALLADORES DE DIVERSAS CATEGORÍAS E PARA DISTINTOS DEPARTAMENTOS E SERVICIOS MUNICIPAIS, CON CARGO Ó PLAN CONCELLOS 2019

FEBREIRO 2019 – BASES PARA A SELECCIÓN DE 20 TRABALLADORES DE DIVERSAS CATEGORÍAS E PARA DISTINTOS DEPARTAMENTOS E SERVICIOS MUNICIPAIS, CON CARGO Ó PLAN CONCELLOS 2019

É obxecto das presentes bases de convocatoria regular a contratación de traballadores desempregados para a execución do proxecto “CONSERVACIÓN DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS”, en réxime laboral temporal, a tempo parcial, e na modalidade de contrato de obra ou servicio determinado de interés xeral e social.

A presente selección enmárcase dentro da Subvención concedida pola Xunta de Goberno Local da Deputación Provincial de Pontevedra, en sesión celebrada 28 de xaneiro de 2019 e dictada ao amparo do previsto nas Bases reguladoras e Convocatoria do Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2018-2019, publicadas no BOPPO nº 2, do 3 de Xaneiro de 2018.

A contratación dos traballadores será en réxime laboral temporal, xornada a tempo parcial na modalidade de contrato por obra u servicio determinado de interés social, de conformidade coas regras de contratación establecidas nas bases da subvención enriba citadas e pola duración establecida dende o momento de finalización do proceso selectivo ata as datas indicadas na cláusula quinta e como data límite o 31 de decembro de 2019.