PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • DECEMBRO 2018 – TEXTO DEFINITIVO DE MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IBI

DECEMBRO 2018 – TEXTO DEFINITIVO DE MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IBI

ANUNCIO

APROBACIÓN DEFINITIVA DE MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES

Rematado o período de exposición pública do anuncio publicado no Boletín Oficial da Provincia número 209, de data 30 de outubro de 2018, referinte ao acordo adoptado polo Pleno do Concello, en sesión celebrada o día 25 de outubro de 2018, sobre modificación da ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre bens inmobles, sen que se tiveran presentado reclamacións, procede a publicarse o texto íntegro da modificación aprobada definitivamente a efectos da súa entrada en vigor:

“ARTIGO 2.—Tipo de gravame

O tipo de gravame do Imposto sobre Bens Inmobles aplicable aos bens de natureza urbana queda fixado no 0,46%.

O tipo de gravame do Imposto sobre Bens Inmobles aplicable aos bens de natureza rústica queda fixado no 0,3%.

O tipo de gravame do Imposto sobre Bens Inmobles aplicable aos bens de características especiais queda fixado no 0,6 %.

(…)

ARTIGO 4 – Bonificacións

(…)B)

Bonificacións potestativas

1.

Bonificacións por especial interese ou utilidade pública

(…)-Bonificación para inmobles de uso agrario

1.—De conformidade co establecido no artigo 74.2 quáter do Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, o Concello establece unha bonificación do 95% da cota íntegra do imposto a favor de inmobles de natureza urbana ou rústica nos que se desenvolvan actividades agrícolas ou gandeiras e que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias sociais que xustifiquen tal declaración. Entenderase como inmobles destinados ao desenvolvemento de actividades agrícolas ou gandeiras aqueles que, de acordo coa normativa do catastro inmobiliario, estean cualificados como de uso principal agrario.

2.—Corresponderá dita declaración ao Pleno da Corporación e acordarase, previa solicitude do suxeito pasivo, polo voto favorable da maioría simple dos seus membros.

3.—Esta bonificación, que terá carácter rogado, poderá solicitarse dende o día 1 de xaneiro ata o 31 de marzo do exercicio en que vaia a ter efectividade e a súa concesión manterase para os exercicios sucesivos ata que se modifique ou derrogue a presente ordenanza, sempre e cando se manteñan as condicións polas cales foi concedida.

4.—Finalizado o prazo no que se poden formular as solicitudes, polo persoal técnico adscrito ao Servizo de Medio Rural ou Urbanismo instruirase o procedemento e formularase informe-proposta de resolución para a adopción do acordo plenario de declaración de especial interese ou utilidade municipal. A tal fin, poderán realizarse de oficio todas as actuacións precisas para a comprobación dos estremos expostos ao respecto desta bonificación.“

DOCUMENTO ASINADO ELECTRÓNICAMENTE