PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • DECEMBRO 2018 – TEXTO DEFINITIVO DE MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE DISTRIBUCIÓN DE AUGA

DECEMBRO 2018 – TEXTO DEFINITIVO DE MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE DISTRIBUCIÓN DE AUGA

APROBACIÓN DEFINITIVA DE MODIFICACIÓN ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE DISTRIBUCIÓN DE AUGA

Rematado o período de exposición pública do anuncio publicado no Boletín Oficial da Provincia número 209, de data 30 de outubro de 2018, referinte ao acordo adoptado polo Pleno do Concello, en sesión celebrada o día 25 de outubro de 2018, sobre modificación da Ordenanza Fiscal Reguladora da Taxa pola prestación do servizo de distribución de auga, sen que se tiveran presentado reclamacións, procede a publicarse o texto íntegro da modificación aprobada definitivamente a efectos da súa entrada en vigor:

“PREÁMBULO

O Pleno do concello, no uso das facultades concedidas polos artigos 133 e 142 da Constitución, polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e polos artigos 15 a 20 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, acorda a modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo de distribución de auga.

ARTIGO 5- Cota tributaria

A contía da taxa será a resultante da aplicación das tarifas contidas neste artigo.

TARIFAS

(IVE non engadido)

Concepto Importe (€/m3) por auga facturada
USOS DOMÉSTICOS
Mínimo ata 15 m3/mes 0,3777
De 15 a 25 m3 0,4339
Mais de 25 m3 0,4810
USOS COMERCIAIS
Mínimo ata 15 m3/mes 0,4339
Mais de 15 m3 0,4810
USOS INDUSTRIAIS
Mínimo ata 40 m3/mes 0,4339
De 40 a 100 m3 0,4810
Mais de 100 m3 0,5279
PARA OBRAS
Mínimo ata 100 m3/mes 0,4810
Mais de 100 mv 0,5279
CUOTA DE MANTEMENTO
Uso doméstico (aboado/mes) 3,291
Uso comercial (aboado/mes) 8,671
Uso industrial (aboado/mes) 10,521
Uso xeral de obras (aboado/mes) 11,583
Uso obras vivendas unifamiliares (aboado/mes) 5,792
Facturarase mensualmente ós consumidores de mais de 100 m3/mes que o soliciten. No caso de existir contador xeral computaranse todas as vivendas existentes na edificación
Conservación de contadores (cota por vivenda ou local/mes)No caso de existir contador xeral computaranse tódalas vivendas existentes na edificación 0,641
TAXA DE REAPERTURA POR CORTE DE AUGA
Taxa de reapertura (euros) 44,21
TAXA DE ACOMETIDA (A percibir polo Concello)
Por vivenda ou local(No suposto de existir un contador xeral computaranse tódalas vivendas ou locais existentes na edificación) 48,25
TARIFAS DE ACOMETIDAS DE AUGA POTABLE E INSTALACIÓN DE CONTADORES
Unidades de obra:
1 Collar de toma de fundición, incluso banda de aceiro inoxidable.
Ml. Tubo de P.E. de 16 Atm. de presión de traballo
1 Chave de rexistro de cuadradillo, tipo GREINER ou similar
1 Arqueta con rexistro de fundición
2 a 4 Enlaces latón, tipo GREINER ou similar
Apertura e peche de gabia en terreo normal a unha profundidade máx. de 1,2 m.
Mano de obra realización do montaxe da acometida

Acometidas de 1 a 3 m.

Diámetro da acometida
Reposición 3/4” 1” 1 1/4” 1 1/2” 2”
Sen apertura 213,52 € 232,45 € 274,16 € 438,43 € 566,04 €
Terra 294,98 € 313,91 € 355,72 € 520,29 € 648,19 €
Asfalto 372,01 € 390,97 € 432,75 € 597,34 € 725,23 €
Formigon 380,71 € 399,64 € 441,43 € 606,02 € 733,91 €
Beirarrúa/lastro 415,14 € 434,09 € 475,86 € 640,47 € 768,34 €
Losa de pedra 579,13 € 597,40 € 615,66 € 774,37 € 906,77 €

Acometidas de mais de 3 m. e ata 10 m. (€/m)

Diámetro da acometida
Reposición 3/4” 1” 1 1/4” 1 1/2” 2”
Sen apertura 1,44 €/m 2,29 €/m 3,60 €/m 5,55 €/m 8,74 €/m
Terra 28,54 €/m 29,41 €/m 30,77 €/m 32,85 €/m 36,18 €/m
Asfalto 54,23 €/m 55,11 €/m 56,46 €/m 58,52 €/m 61,85 €/m
Formigon 57,08 €/m 58,00 €/m 59,35 €/m 61,41 €/m 64,76 €/m
Beirarrúa/lastro 68,58 €/m 69,48 €/m 70,81 €/m 72,90 €/m 76,23 €/m
Losa de pedra 90,92 €/m 91,84 €/m 93,09 €/m 94,98 €/m 98,07 €/m

Os prezos incrementaranse no I.V.E. correspondente

Nota: As acometidas en terreo en roca terán un suplemento de 60,51 € por metro lineal.

TARIFAS DE INSTALACIÓN DE CONTADORES

Os contadores que se utilizan como medidores de caudal están autorizados polo Ministerio de Industria e Enerxía.

Cando o contador a instalar sexa dun diámetro superior a 30 mm. ou ben sexa preciso realizar reformas nas instalacións, presentará o peticionario un presuposto incluíndo man de obra e materiais a empregar.

Importe Importe Importe
MATERIAL Contador Instalación total
Ud. contador diám. 13 mm. 43,92 € 30,81 € 74,73 €
Ud. contador diám. 15 mm. 50,41 € 31,99 € 82,40 €
Ud. contador diám. 20 mm. 61,54 € 39,51 € 101,05 €
Ud. contador diám. 25 mm. 105,06 € 50,33 € 155,39 €
Ud. contador diám. 30 mm. 170,62 € 60,57 € 231,19 €

Os prezos incrementaranse no I.V.E correspondente

Tarifa doutros diámetros contadores

Importe
MATERIAL Contador
Ud. contador diám. 40 mm. 294,01 €
Ud. contador diám. 50 mm. 625,63 €
Ud. contador diám. 65 mm. 775,59 €

Os prezos incrementaranse no I.V.E. correspondente

OUTRAS TARIFAS

Importe
Ud. Válvula de corte diám. 25-32 mm 10,32 €
Ud. Válvula de purga diám. 25-32 mm 5,26 €
Válvula de retención diám. 25-32 mm 6,12 €
Filtro diám. 25-32 mm 10,66 €

Os prezos incrementaranse no I.V.E. correspondente

DISPOSICIÓN FINAL

A modificación da presente Ordenanza Fiscal, unha vez publicada integramente no Boletín Oficial da Provincia, entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2019, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa”.

Documento asinado electronicamente.