PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • NOVEMBRO 2018 – EDICTO EXPOSICIÓN PUBLICA TABLON DE ANUNCIOS NOTARIA

NOVEMBRO 2018 – EDICTO EXPOSICIÓN PUBLICA TABLON DE ANUNCIOS NOTARIA

Tramítase acta de notoriedad de declaración de herdeiros abintestato de Don Benito Núñez Piñeiro, con domicilio no Lugar da Modia, número 91-B, do municipio de Cambados, que faleceu o día nove de xullo de dous mil dezaoito, en estado de separado xudicialmente de Doña Carmen Vázquez Padín, de cuxo matrimonio, único contraído, deixou cinco fillos, chamados María do Carmen, Benito Angel, Maria-Luisa e Luz-Divina Núñez Vázquez, tendo con posterioridade unha filla non matrimonial de Doña Maria do Alicerce Vázquez Chaves, chamada Maria-Elena Núñez Vázquez. sendo estes os únicos descendentes en primeiro grado que ten.

No requerimiento preténdese declarar que os herdeiros abintestato do causante son os seus seis citados fillos, Maria do Carmen, Benito Angel, María-Luisa e Luz-Divina Núñez Vázquez e María-Elena Núñez Vázquez, aínda que se descoñece o paradero da filla Maria-Luisa Núñez Vázquez, e ante a imposiblidade de notificarllo, publícase o presente edicto, conforme ao artigo 56 da Lei do Notariado, para que no caso de que existisen outros interesados, estes poidan comparecer na Notaria para opoñerse á pretensión, presentar alegaciones ou aportar documentos ou outros elementos de xuízo dentro do prazo dun mes desde o día da publicación.

NOTARIA FRANCISCO BOTANA TORRON- EDICTO PARA EXPOSICION PUBLICA EN TABLON DE ANUNCIOS