PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • NOVEMBRO 2018 – PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á PROMOCIÓN ECONÓMICA DO CONCELLO DE CAMBADOS 2018

NOVEMBRO 2018 – PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á PROMOCIÓN ECONÓMICA DO CONCELLO DE CAMBADOS 2018

PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS PARA Á PROMOCIÓN ECONÓMICA

A presente convocatoria ten por obxecto regular o procedemento para a concesión, para o ano 2018 do PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS PARA Á PROMOCIÓN ECONÓMICA no ámbito do Concello de Cambados coa finalidade de colaborar dunha forma activa na Promoción Económica no municipio apoiando a posta en marcha de novos proxectos empresariais.

As presentes bases apróbanse de acordo co disposto na Ordenanza Xeral de Subvencións do Concello de Cambados (BOPPO nº 217 de 10 de novembro de 2004) e a normativa aplicable, especialmente a prevista na Lei 38/2003 de 17 de novembro Xeral de Subvencións,  no Real Decreto 887/2006 de 21 de xullo polo que se aproba o Regulamento da Lei Xeral de Subvencións, na Lei 9/2007 de subvencións de Galicia e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia

Poderán acollerse a estas axudas os/as empresarios/as individuais e as pequenas e medianas empresas (PEME), independentemente da súa forma xurídica, que iniciasen a súa actividade empresarial entre o 1 de xaneiro de 2018 e o 30 de outubro de 2018 (entendendo por inicio de actividade a alta no I.A.E.). Para o carácter de PEME terase en conta o establecido no Anexo I do Regulamento nº 651/2014 da Comisión Europea.

REQUISITOS XERAIS DOS/AS BENEFICIARIOS/AS:

  • Que a empresa estea localizada en Cambados.
  • Que sexan empresas de nova creación, considerando incluídos, neste concepto, os traspasos de negocios, exceptuando aqueles traspasos que se realicen entre cónxuxes ou parellas de feito e familiares por consanguinidade, afinidade ou adopción ata o segundo grao inclusive, así como as transformacións de forma xurídica.
  • Que, como mínimo, unha das persoas promotoras estea en situación de desemprego na data de inicio da actividade empresarial e crear, polo menos, o seu propio posto de traballo en calquera das formas xurídicas existentes.
  • Non ter débedas coa Seguridade Social, coa Consellería de Economía e Facenda, coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT), nin a empresa nin as persoas socias.
  • Non ter débedas co Concello de Cambados, nin a empresa nin as persoas socias.
  • Non poderán obter a condición de beneficiario/a os/as empresarios/as e as pequenas empresas nos que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10, apartados 2 e 3 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia e no artigo 13 da Lei 38/2003 do 17 de novembro, Xeral de Subvencións (no caso de sociedades, nin a sociedade nin os/as socios/as).

APLICACIÓN ORZAMENTARIA, CONTÍA DAS AXUDAS E GASTOS SUBVENCIONABLES

1.- Para o financiamento deste programa de axudas establécese crédito en contía máxima de 5.000,00 euros na aplicación 433.481.00 do Orzamento do Concello de Cambados para o exercicio 2018. De acordo co mesmo, a concesión das axudas queda condicionada á existencia de crédito axeitado e suficiente no momento da resolución da concesión.

2.- As axudas son a fondo perdido e a súa finalidade é subvencionar a creación do propio posto de traballo na posta en marcha da actividade.

3.- O importe destas axudas será:

  • Contía fixa. 250 € pola creación do propio posto de traballo acreditada mediante a alta no Réxime Especial de Autónomos ou equivalente da Seguridade Social, mutualidade ou colexio profesional, con obriga de permanecer de alta polo menos dous anos no correspondente réxime da Seguridade Social.
  • A axuda de 250 € terá carácter individual, polo tanto concederase a cada un dos promotores que acredite terse dado de alta na Seguridade Social, mutualidade ou colexio profesional, como traballador autónomo ou profesional independente.

RÉXIME DE CONCESIÓN DAS AXUDAS

O procedemento de concesión destas axudas tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva de acordo co establecido na Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia, que no seu artigo 19.2º establece que as bases reguladoras das convocatorias de axudas poderán exceptuar do requisito de fixar unha orde de prelación entre as solicitudes presentadas que reúnan os requisitos establecidos cando, polo obxecto e finalidade da subvención, non sexa necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento ata o esgotamento do crédito orzamentario.

O conxunto de axudas desta convocatoria son compatibles con calquera outra concedida por empresas públicas ou privadas, estatais ou internacionais, sempre que o importe total das axudas percibidas polo mesmo concepto non supere o custo total dos gastos subvencionables .

En tal caso cando a actividade fose financiada con outros recursos deberá xustificarse o importe, procedencia e aplicación de tales fondos.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitude, será o que se indica a continuación ou ata esgotar o orzamento, e se contará a partir o día seguinte á data da publicación Do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

O prazo de presentación de solicitudes para as empresas que iniciaran a súa actividade entre o 1 de xaneiro e o 30 de outubro de 2018, será de quince días naturais  contados a partir do día seguinte da publicación do extracto da convocatoria no BOPPO na forma e termos previstos na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, en relación coa Base de Datos Nacional de Subvencións.

BASES CONVOCATORIA SUBVENCIÓNS PROMOCIÓN ECONOMICA

SOLICITUD SUBVENCIÓNS PROMOCIÓN ECONOMICA