PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • NOVEMBRO 2018 – BASES AXUDAS AOS VECIÑOS PARA ENSINO

NOVEMBRO 2018 – BASES AXUDAS AOS VECIÑOS PARA ENSINO

Vista a Ordenanza Xeral de Subvencións do Concello de Cambados (BOPPO nº 217 de 10 de novembro de 2004).

Considerando que nos Orzamentos 2018 consignouse crédito para a concesión de subvencións para “Axudas a veciños para estudos (bolsas ensino)” na aplicación orzamentaria 3200/48100.

Vistas as bases reguladoras da convocatoria de axudas para o ensino e o transporte do Concello de Cambados 2018/2019, que figuran no expediente.

As presente convocatoria remitirase á Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS), que será a que lle dea traslado ao BOPPO do seu extracto.

As persoas interesadas poderán solicita-las subvencións no prazo de quince días naturais, contados a partir do día seguinte da publicación do extracto da convocatoria no BOPPO na forma e termos previstos na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, en relación coa Base de Datos Nacional de Subvencións.

Así mesmo, a presente convocatoria será obxecto de publicación no Portal de Transparencia do Concello de Cambados

RESOLUCIÓN BASES CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA O ENSINO E O TRANSPORTE DO CONCELLO DE CAMBADOS 2018-2019