PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • NOVEMBRO 2018 – APROBACIÓN INICIAL MODIFICACIÓNS ORZAMENTARIAS

NOVEMBRO 2018 – APROBACIÓN INICIAL MODIFICACIÓNS ORZAMENTARIAS

ANUNCIO APROBACIÓN INICIAL MODIFICACIÓNS ORZAMENTARIAS

O Pleno desta Corporación, en sesión extraordinaria celebrada o día 30 de outubro de 2018, acordou a aprobación inicial dos expedientes de modificacións orzamentarias suplemento de crédito n.º 01/2018 (Expediente 3819/2018) e transferencia de créditos nº 06/2018 (Expediente 4513/2018).

De acordo co establecido nos artigos 112.3 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 169.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, sométense os expedientes administrativos a exposición pública polo período de 15 días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, para que os interesados poidan examinalos na Secretaría Xeral do Concello e interpor perante o Pleno as reclamacións que consideren oportunas.

As modificacións orzamentarias consideraranse definitivamente aprobadas se durante o citado prazo non se presentaran reclamacións en contra das mesmas.

DOCUMENTO ASINADO ELECTRONICAMENTE