PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • OUTUBRO 2018 – APROBACIÓN INICIAL DE DIVERSAS ORDENANZAS FISCAIS (IBI, AUGA E SUMIDOIROS)

OUTUBRO 2018 – APROBACIÓN INICIAL DE DIVERSAS ORDENANZAS FISCAIS (IBI, AUGA E SUMIDOIROS)

APROBACIÓN INICIAL DA MODIFICACIÓN DE DIVERSAS ORDENANZAS FISCAIS  DO CONCELLO DE CAMBADOS

O Pleno da Corporación municipal de Cambados na sesión ordinaria de data 25 de outubro de 2018, aprobou inicialmente a modificación a modificación das seguintes ordenanzas fiscais:

1. Modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo de distribución de auga.

2. Modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo de sumidoiros.

3. Modificación da ordenanza fiscal reguladora do imposto de bens inmobles.

Ditas modificacións serán expostas ao público por período de 30 días mediante publicación no taboleiro de anuncios do Concello, no Boletín Oficial da Provincia, e nun dos diarios de maior circulación da provincia, para que os que teñan a condición de interesados poidan presenta-las alegacións que estimen convenientes. En caso de non presentarse reclamacións, estes acordos provisionais entenderanse definitivos, procedéndose a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, os cales entrarán en vigor o día seguinte da súa publicación.

En Cambados, a 26 de outubro de 2018.

PROPOSTA DE ACORDO DE MODIFICACIÓN ORDENANZA IBI

Proposta modificación ordenanza taxa servizo AUGA

Proposta acordo modificacion ORDENANZA SUMIDOIROS