PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • OUTUBRO 2018 – ADXUDICACIÓN DAS OBRAS DE CONSERVACIÓN DA CASA NATAL DE RAMÓN CABANILLAS.

OUTUBRO 2018 – ADXUDICACIÓN DAS OBRAS DE CONSERVACIÓN DA CASA NATAL DE RAMÓN CABANILLAS.

Por resolución desta Alcaldía, de data 27/09/2018, adxudicouse o contrato menor das obras das obras de “CONSERVACIÓN DA CASA NATAL DE RAMÓN CABANILLAS, á empresa CARPINTERÍA MADERALAR, S.L.”, que as executará polo prezo de oito mil cincuenta e sete euros con corenta e cinco céntimos (8.057,45 €), de Ive a cantidade de mil seiscentos noventa e dous euros con seis céntimos (1.692,06 €), totalizando un importe de nove mil setecentos corenta e nove euros con cincuenta e un céntimos (9.749,51 €), cunha baixa de 100,37 € (sobre o orzamento base de licitación de 9.849,88 €).

As mencionadas obras contan cunha subvención ao 100% da Excma. Deputación Provincial, con cargo ás axudas convocadas para a “Rehabilitación e a sinalización do patrimonio histórico-cultural dirixidas aos Concellos da Provincia de Pontevedra para o ano 2018”.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 8.1 a) da Lei 19/2013, de 9 de novembro de transparencia, acceso a información pública e bo goberno dos Concellos e co disposto na Base 10 g) das Reguladoras da subvención.