PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • OUTUBRO 2018 – ANUNCIO BOP 16/10/2018 – PADRÓN SERVIZO AXUDA NO FOGAR XUÑO-2018 – COBRANZA PERIODO VOLUNTARIO ATA O 17-12-2018 INCLUSIVE

OUTUBRO 2018 – ANUNCIO BOP 16/10/2018 – PADRÓN SERVIZO AXUDA NO FOGAR XUÑO-2018 – COBRANZA PERIODO VOLUNTARIO ATA O 17-12-2018 INCLUSIVE

COBRANZA PADRÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR, XUÑO 2018
ANUNCIO DE COBRANZA EN PERÍODO VOLUNTARIO

De conformidade co previsto no art. 12 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, en relación cos artigos 23 e seguintes do Regulamento Xeral de Recadación, de 29 de xullo de 2005 (Real Decreto 939/2005), comunícaselles ós contribuíntes suxeitos a PREZO PÚBLICO SERVIZO AXUDA NO FOGAR correspondentes o mes de XUÑO 2018 o seguinte:

Durante o prazo comprendido entre 11 de Outubro de 2018 ata o 17 de Decembro de 2018, procederase ó cobro en período voluntario da cota do Padrón citado.

Forma de Pagamento
a)  Mediante ingreso nas contas de recadación do concello abertas nas seguintes entidades
bancarias:
•  ABANCA
•  CAIXABANK
•  BANCO SABADELL
b)  Domiciliación bancaria
O presente anuncio ten carácter de notificación colectiva ó abeiro do art. 102 da Lei 58/2003, 17 de decembro, Xeral Tributaria.
Advertencia, o vencemento do prazo en período voluntario, sen ter sido satisfeita a débeda, determinará o comezo do procedemento executivo, a percepción das recargas correspondentes e demais conceptos esixibles tal e como se fixan nos arts. 26, 28 e 161 da Lei 58/2003 Xeral Tributaria

ANUNCIO BOP SAF XUÑO 2018