Estas bases teñen como finalidade, de conformidade co previsto nos artigos 10º e 11 º da Orde do 4 de maio de 2018 da Consellería de Economía, Emprego e Industria pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para os obradoiros duais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (DOG 23-05-2018), a determinación do sistema, procedemento, requisitos e baremos das probas que se aplicarán no proceso de selección dos alumnos-traballadores participantes no citado proxecto, promovido polo concello de CAMBADOS e subvencionado pola antedita consellería.
As prazas de alumnado-traballador que se convocan son:
10 prazas na especialidade de ACTIVIDADES AUXILIARES EN VIVEIROS, XARDÍNS E CENTROS DE XARDINERÍA // ACTIVIDADES AUXILIARES EN CONSERVACIÓN E MELLORA DE MONTES – Nivel.1.
10 prazas na especialidade de TRABALLOS DE CARPINTERÍA E MOBLE / APLICACIÓN DE VERNICES E LACAS EN ELEMENTOS DE CARPINTERÍA E MOBLE – Nivel.1
Experto/a docente en ACTIVIDADES AUXILIARES EN VIVEIROS, XARDÍNS E CENTROS DE XARDINERÍA // ACTIVIDADES AUXILIARES EN CONSERVACIÓN E MELLORA DE MONTES.Xornada: completa.
Experto/a docente en TRABALLOS DE CARPINTERÍA E MOBLE / APLICACIÓN DE VERNICES E LACAS EN ELEMENTOS DE CARPINTERÍA E MOBLE -Xornada: completa
TITORÍA:Xornada: completa
DIRECCIÓN: Xornada: completa
PERSOAL ADMINISTRATIVO: Xornada: completa.