• Expediente G.1705/2018
• Decreto nº 2018-0585 do 07/09/2018
DECRETO DA ALCALDÍA
Tendo que ausentarme da localidade do 10 ao 14 de setembro inclusive, substituirame durante a miña ausencia, actuando como Alcalde en funcións, o Tenente de Alcalde D. VÍCTOR M. CAAMAÑO RIVAS.
Na súa consecuencia, e de acordo co disposto no artigo 63 da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, en concordancia co artigo 47 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, polo presente teño a ben RESOLVER:
1º Delegar no Tenente de Alcalde D. VÍCTOR M. CAAMAÑO RIVAS, as funcións da Alcaldía do 10 ao 14 de setembro inclusive, funcións que desempeñará na súa totalidade; e,
2º Que do presente Decreto se dea conta ó interesado, ós Xefes de Servizo do Concello de Cambados e ó Portavoz do grupo municipal do P.P., para o seu coñecemento e ós oportunos efectos, publicándose a presente delegación no B.O.P.
Documento asinado electronicamente.