PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • SETEMBRO 2018 – DECRETO DELEGACION ALCALDIA

SETEMBRO 2018 – DECRETO DELEGACION ALCALDIA

Tendo que ausentarme da localidade dende as 15’00 horas de hoxe 19 de setembro ata o día 24 de setembro inclusive, sustituirame durante a miña ausencia, actuando como Alcalde en funcións, o Tenente de Alcalde D. VICTOR M. CAAMAÑO RIVAS.

Na súa consecuencia, e de acordo co disposto no artigo 63 da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, en concordancia co artigo 47 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, polo presente teño a ben RESOLVER:

1º.- Delegar no Tenente de Alcalde D. VÍCTOR M. CAAMAÑO RIVAS, as funcións da Alcaldía dende as 15’00 horas de hoxe 19 de setembro ata o día 24 de setembro inclusive, funcións que desempeñará na súa totalidade; e,

2º.- Que do presente Decreto se dea conta ó interesado, ós Xefes de Servizo do Concello de Cambados e ó Portavoz do grupo municipal do P.P., para o seu coñecemento e ós oportunos efectos, publicándose a presente delegación no B.O.P.

Resolución DECRETO 2018-0614