PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • ADXUDICACIÓN DAS OBRAS DE REPARACIÓN DA FACHADA DO EDIFICIO MUNICIPAL DA RÚA NOVA

ADXUDICACIÓN DAS OBRAS DE REPARACIÓN DA FACHADA DO EDIFICIO MUNICIPAL DA RÚA NOVA

Por resolución desta Alcaldía, de data 01/08/2018, adxudicouse o contrato menor das obras de “REPARACIÓN DA FACHADA DO EDIFICIO MUNICIPAL DA RÚA NOVA, á empresa “CONSTRUCCIONES Y REFORMAS 3 TORRES 2010, S.L.que as executará polo prezo total de 18.331,50 € € (15.150,00 € e 3.181,50 € de Ive), cunha baixa de 4.168,50 € (sobre orzamento base de licitación 22.500,00).

As mencionadas obras contan cunha subvención da Excma. Deputación Provincial, con cargo ao Plan de Obras e Servizos, Plan Concellos 2017.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 8.1 a) da Lei 19/2013, de 9 de novembro de transparencia, acceso a información pública e bo goberno dos Concellos e co disposto na Base décimo quinta das Reguladoras do Plan Concellos 2017.