PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • AGOSTO 2018 – DILIXENCIA APERTURA SOBRES ÚNICOS QUE CONTIÑAN AS OFERTAS PARA TOMAR PARTE NA CONTRATACIÓN MENOR DAS OBRAS DE “MELLORA DA CAPA DE RODADURA NUN TRAMO DA AVDA. DE VILAGARCÍA”

AGOSTO 2018 – DILIXENCIA APERTURA SOBRES ÚNICOS QUE CONTIÑAN AS OFERTAS PARA TOMAR PARTE NA CONTRATACIÓN MENOR DAS OBRAS DE “MELLORA DA CAPA DE RODADURA NUN TRAMO DA AVDA. DE VILAGARCÍA”

No día de onte 27/08/2018, levouse a cabo a apertura dos sobres únicos que contiñan a documentación e ofertas económicas presentadas polas empresas que tomaron parte na contratación menor das obras de “MELLORA DA CAPA DE RODADURA DUN TRAMO DA AVDA. DE VILAGARCÍA”.  As obras atópanse subvencionadas ao 100% polo Plan Concellos 2016 da Excma. Deputación Provincial.

A presente obra ten como finalidade a mellora da capa de rodadura dun tramo da avenida de Vilagarcía no núcleo urbano de Cambados.
A actuación vai afectar a unha lonxitude de uns 205 m., rematando na rotonda, situada no cruce coa rúa Sanxenxo.
As obras que se pretenden facer son :
– Fresado dun espesor de 4 cm. para recibir a nova pavimentación.
– Pavimentado de novo cunha capa de 4 cm. de aglomerado en quente tipo D-12 (AC AC16 SURF 50/70 D) estendido e compactado, incluso aplicando unha rega de adherencia con 1 Kg de emulsión tipo ECR-2.
– Recalces das tapas das arquetas situadas no trazado que se afecta.
– Novo pintado da vía, cebreados e pasos de peóns.

 

 

Poderá acceder  á información premendo no enlace seguinte:

PROXECTO mellora rodadura Avda Vilagarcía

DILIXENCIA DE APERTURA