PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • AGOSTO 2018 – PADRON IMPOSTO BENS INMOBLES EXERCICIO 2018

AGOSTO 2018 – PADRON IMPOSTO BENS INMOBLES EXERCICIO 2018

PADRON IMPOSTO BENS INMOBLES EXERCICIO 2018 (EXPOS. PÚBLICA E COBRANZA: DO 21 DE AGOSTO AO 4 DE OUTUBRO DE 2018 INCLUSIVE)

ANUNCIO
CONCELLO DE CAMBADOS
EXPOSICIÓN PÚBLICA DAS LISTAS COBRATORIAS DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES DE NATUREZA RÚSTICA, URBANA E DE CARACTERÍSTICAS ESPECIAIS DO EXERCICIO DE 2018

De conformidade co art. 77 .6 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, as Listas Cobratorias do imposto sobre Bens Inmobles do exercicio 2018 poranse ó dispor do público nos locais do  CONCELLO DE CAMBADOS, dende o día 21 de agosto ata ó día 4 de outubro de 2018, ambos inclusive, o que fai posible que os interesados, durante dito prazo, examinen os mesmos. Podendo presentar, no prazo dun mes, desde o 5 de outubro de 2018, as reclamacións procedentes perante a Tesourería desta Deputación de Pontevedra – ORAL (art. 14.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004).

COBRANZA EN PERÍODO VOLUNTARIO DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES DE NATUREZA RÚSTICA, URBANA E DE CARACTERÍSTICAS ESPECIAIS DO EXERCICIO DE 2018

De conformidade co previsto no art. 12 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, en relación cos artigos 24 e 25 do Regulamento Xeral de Recadación, de 29 de xullo de 2005 (RD 939/2005), comunícaselles ós contribuíntes afectados que o período voluntario de cobranza do imposto de Bens Inmobles, para o CONCELLO DE CAMBADOS, será do 21 de agosto ao 5 de novembro do ano 2018, ámbalas dúas datas inclusive. Tendo en conta que o prazo límite de ingreso será o día 5 de novembro de 2018 no horario de caixa de cada entidade bancaria colaboradora (art. 19.3 do Regulamento Xeral de Recadación).

O imposto deberá satisfacerse a través de calquera entidade bancaria colaboradora, na Oficina Virtual Tributaria (OVT) do ORAL http://www.depo.es ou a través de calquera modo autorizado legalmente, empregando os instrumentos de ingreso (recibos) que se enviarán ó domicilio declarado do contribuínte por correo ordinario. No caso de perda do devandito instrumento, o abrigado ó pagamento poderá, ata o día 5 de novembro de 2018, obter un duplicado nos Servizos Centrais do ORAL (Avda. de Marín, 9 – 36071 Pontevedra) ou na Oficina Periférica máis próxima ao seu domicilio.

Os contribuíntes que a 15 de outubro de 2018 non tivesen recibido nos seus domicilios os instrumentos de ingreso disporán de prazo ata o 5 de novembro de 2018 para os solicitar nas oficinas indicadas e efectua-lo pagamento nas entidades bancarias colaboradoras, posto que a non recepción non exonera da obriga do pagamento nin impide a utilización da vía de prema. O presente anuncio ten carácter de notificación colectiva, ó abeiro do art. 102 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria. O vencemento do prazo en período voluntario, sen ter sido satisfeita a débeda, determinará o comezo do procedemento executivo, a percepción da recarga correspondente e demais conceptos esixibles tal e como se fixa no art. 26, 28 e 161 da Lei 58/2003 Xeral Tributaria.

PADRON IMPOSTO BENS INMOBLES EXERCICIO 2018