PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • AGOSTO 2018 – RESTRICCIÓNS Á CIRCULACIÓN E MODIFICACIÓN DO RÉXIME NORMAL DE UTILIZACIÓN DA VÍA PÚBLICA NO CONCELLO DE CAMBADOS

AGOSTO 2018 – RESTRICCIÓNS Á CIRCULACIÓN E MODIFICACIÓN DO RÉXIME NORMAL DE UTILIZACIÓN DA VÍA PÚBLICA NO CONCELLO DE CAMBADOS

RESTRICCIÓNS Á CIRCULACIÓN E MODIFICACIÓN DO RÉXIME NORMAL DE UTILIZACIÓN DA VÍA PÚBLICA NO CONCELLO DE CAMBADOS

RESTRICCIÓNS Á CIRCULACIÓN.— “Os municipios teñen competencia en materia de circulación para o corte das vías urbanas cando fora necesario (artigo 7 da Lei Sobre o Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridade Viaria, Real Decreto Lexislativo 6/2015, de 30 de outubro); por iso é dando cumprimento ao disposto na lexislación de tráfico a continuación fanse públicas as restricións á circulación no casco urbano do Concello de Cambados con motivo do evento denominado “LXVI Festa do Albariño” que se desenvolverá os vindeiros días 1, 2, 3, 4 e 5 de agosto:

Do 1 ata o 31 de agosto:

A Rúa Príncipe e Praza Fefiñáns.— Acceso cortado ao tráfico.

Período comprendido entre o día 2 e o 6 de agosto:

— Paseo Marítimo (Tramo de San Tomé).— Cortado ao tráfico rodado.

Dende o 2 ao 6 de agosto, ambos inclusive, entre as 17:00h e ata as 08:00h estarán pechadas o tráfico as rúas seguintes:

— Avda. Vilariño.— Desvío do tráfico que circule pola PO- 550 en dirección ao centro urbano, cara a Avda. Salnés (tódalas direccións) excepto residentes. O tramo comprendido entre a Praza do Concello e a confluencia das Rúas Avda. de Madrid, Avda. Vilariño e Rúa San Francisco estará totalmente cortado o tráfico.

— Avda. Galicia.— Desvío do tráfico que circule pola PO-550 en dirección ao centro urbano, cara a Rúa Os Olmos (tódalas direccións).

— Illa Goritas.— Acceso cortado ao tráfico rodado.

Dende o 25 ao 12 de agosto, ambos inclusive:

— Habilítase un carril reversible na Rúa Paseo da Calzada, tramo comprendido entre a Praza do Concello e a confluencia ca Rúa Príncipe.

Dende o 4 ao 6 de agosto, ambos inclusive:

— Dende as 17:00h Prohíbese a circulación polo casco urbano a vehículos de máis de 3.500Kg excepto transporte regular de viaxeiros e servizos públicos.

Dende o 4 ao 6 de agosto, ambos inclusive:

A Rúa Agrolongo, tramo comprendido entre Avda. do Salnés e Avda. de Laxeiro convértese en rúa de sentido único en dirección Laxeiro”.