PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • XULLO 2018 – MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR ENTRADA DE VEHÍCULOS

XULLO 2018 – MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR ENTRADA DE VEHÍCULOS

APROBACIÓN DEFINITIVA DE MODIFICACIÓN ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR ENTRADA DE VEHÍCULOS A TRAVÉS DE BEIRARRÚAS E TERREOS DE USO PÚBLICO CANDO DEAN ACCESO A ESTABLECEMENTOS INDUSTRIAIS OU COMERCIAIS, RESERVAS DE VÍA PÚBLICA PARA APARCAMENTO EXCLUSIVO, PARADA DE VEHÍCULOS, CARGA E DESCARGA DE MERCADORÍAS DE CALQUERA CLASE.

Rematado o período de exposición pública do anuncio publicado no Boletín Oficial da Provincia número 49, de data 9 de marzo de 2018, referinte ao acordo adoptado polo Pleno do Concello, en sesión celebrada o día 24 de febreiro de 2017, sobre modificación da Ordenanza Fiscal Reguladora da Taxa por entrada de vehículos a través de beirarrúas e terreos de uso público cando dean acceso a establecementos industriais ou comerciais, reservas de vía pública para aparcamento exclusivo, parada de vehículos, carga e descarga de mercadorías de calquera clase, sen que se tiveran presentado reclamacións, procede a publicarse o texto íntegro da modificación aprobada definitivamente a efectos da súa entrada en vigor:

“PREÁMBULO

O Pleno do concello, no uso das facultades concedidas polos artigos 133 e 142 da Constitución, polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e polos artigos 15 a 20 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, acorda a modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa por entrada de vehículos a través de beirarrúas e terreos de uso público cando dean acceso a establecementos industriais ou comerciais, reservas de vía pública para aparcamento exclusivo, parada de vehículos, carga e descarga de mercadorías de calquera clase.

Artigo 5.—COTA TRIBUTARIA

(…)“- Naqueles casos en que a tarifa se multiplique polo número de prazas e o local non se encontre efectivamente divido, tomarase como número de prazas o resultado do calculo realizado polos técnicos municipais no que se describan as prazas que poidan ser ocupadas por vehículos que teñan acceso ó estacionamento de forma independente, e que permita a entrada no garaxe independentemente dos vehículos xa estacionados e permita o seu estacionamento libremente.

O presente acordo entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e comezará a aplicarse a partir da súa publicación, permanecendo en vigor ata que se acorde a súa modificación ou derrogación”

Cambados, 09 de xullo de 2018.