PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • XULLO 2018 – EMISIÓN DO PLENO ORDINARIO DO 2 DE XULLO DE 2018

XULLO 2018 – EMISIÓN DO PLENO ORDINARIO DO 2 DE XULLO DE 2018

O luns 2 de xullo, ás 21:00 no salón de plenos da casa consistorial celebrarase a sesión plenaria ordinaria correspondente ao mes de xuño, coa seguinte

ORDE DO DÍA:

  1. A) PARTE RESOLUTIVA

1º.- Expediente 2544/2018. Proposta da alcaldía ratificación do acordo plenario de 27.06.2013 – Declaración da Festa do Albariño como festa de interese turístico internacional.

2º.- Expediente 214/2018. Ratificación acordo X.G.L. do 17.01.2018 solic. subvención plan de obras e servizos – Plan Concellos 2018.

3º.- Expediente 543/2018. Resolución alegacións e aprobación definitiva orzamento 2018.

4º.- Expediente 2506/2018. Aprobación do réxime de fiscalización e intervención limitada previa de requisitos básicos.

5º.- Expediente 2455/2018. Moción do grupo municipal do PSdeG-PSOE necesidade de aumentar os recursos do servizo de avaliación das discapacidades da provincia de Pontevedra.

6º.- Expediente 2457/2018. Moción do grupo municipal do PSdeG-PSOE enfermidades do sistema cardiovascular e solicitude de ambulancia medicalizada para a comarca do Salnés.

  1. B) ACTIVIDADE DE CONTROL

7º.- Dar conta das resolucións dictadas pola alcaldía.

  1. C) ROGOS E PREGUNTAS

8º.- Contestación a rogos e preguntas.

Leave Your Comment Here

*