PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • XUÑO 2017 – APROBACIÓN DEFINITIVA DA MODIFICACIÓN DAS ORDENANZAS FISCAIS REGULADORAS IBI, IAE E INSTALACIÓNS Y OBRAS “DOING BUSSINES”

XUÑO 2017 – APROBACIÓN DEFINITIVA DA MODIFICACIÓN DAS ORDENANZAS FISCAIS REGULADORAS IBI, IAE E INSTALACIÓNS Y OBRAS “DOING BUSSINES”

APROBACIÓN DEFINITIVA DA MODIFICACIÓN DAS ORDENANZAS FISCAIS REGULADORAS SEGUINTES

Rematado o período de exposición pública do anuncio publicado no Boletín Oficial da Provincia número 42, de data 9 de marzo de 2018, referinte aos acordos adoptados polo Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 25 de xaneiro de 2018, sobre modificacións da Ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre Bens Inmobles, Ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre Actividades Económicas e da Ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras, sen que se tiveran presentado reclamacións, procede a publicarse os textos íntegros das modificacións aprobadas definitivamente, a efectos da súa entrada en vigor:

1º) MODIFICAR A ORDENANZA REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES.Modificar parcialmente a ordenanza reguladora do imposto sobre bens inmobles, nos termos que se transcriben a continuación:

1. Engadir un novo apartado ó artigo 4, letra B), punto 1 desta ordenanza fiscal, para a introdución da seguinte bonificación potestativa de carácter rogado por especial interese ou utilidade pública.

ARTIGO 4.–Bonificacións

B) Bonificacións potestativas

1. Bonificacións por especial interese ou utilidade pública:

• Bonificación por implantación dunha nova actividade económica ou empresarial ou ampliación das instalación.

1.- Terán dereito a seguinte bonificación na cota íntegra do imposto os inmobles urbanos nos que se desenvolvan actividades económicas que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias de fomento do emprego. Esta medida será de aplicación unicamente a aqueles supostos de implantación dunha nova actividade económica ou empresarial, así como a aqueles outros que consistan nunha ampliación das instalacións sempre e cando implique creación de emprego.

Para estes supostos declarados de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias de fomento do emprego a bonificación terá os seguintes tramos:

• Ata 95 por 100 pola creación de mais de 20 postos de traballo

• Cando menos 75 por 100 pola creación de entre 11 e 20 postos de traballo.

• Cando menos o 50 por 100 pola creación de ata 10 postos de traballo

2.- Para a concesión de dita bonificación deberán concorrer, en todo caso, os seguintes requisitos:

• A solicitude de declaración de especial interese ou utilidade pública municipal por fomento do emprego, deberá realizarse unha vez iniciada a actividade da explotación económica en Cambados, debendo acompañarse á mesma documentación acreditativa de que se cumpran os requisitos previstos no presente apartado.

• O suxeito pasivo do Imposto haberá de ser, necesariamente, o titular da explotación económica que se desenvolva no Inmoble sito en Cambados e para a que se solicita a declaración de especial interese ou utilidade municipal por fomento de emprego e/ou sociais.

• O goce definitivo deste beneficio fiscal quedará condicionado, así mesmo, á permanencia en activo dos centros de traballo situados en Cambados, durante o período ao que se aplique a presente bonificación. O suxeito pasivo deberá atoparse ao corrente no pago dos tributos locais e das cotas correspondentes á Seguridade Social. No caso de actividades xa existentes en Cambados, ou de traslado das mesmas, haberá de xustificarse que no ano anterior á solicitude non houbo diminución de persoal no centro de traballo para o cal se solicita a bonificación, nin con motivo do traslado. Pola súa banda, anualmente, deberá xustificarse que non se produciu diminución do persoal no centro de traballo situado no inmoble obxecto de bonificación. Esta bonificación non será compatible coa aplicación das outras bonificacións fiscais do imposto, reguladas na presente Ordenanza Fiscal.

2. Derrogar a bonificación potestativa por inicio de actividade prevista no guión terceiro do apartado 1, da letra B, do artigo 4 desta ordenanza fiscal.

3. Modificar disposición final desta ordenanza, nos seguintes termos: A modificación da presente ordenanza fiscal, unha vez publicada integramente no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2019, e permanecendo en vigor hasta a súa modificación ou derrogación expresa.

2º) MODIFICAR ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE ACTIVIDADES ECONÓMICAS. Modificar parcialmente a ordenanza reguladora do imposto sobre actividades económicas, nos termos que se transcriben a continuación:

1. Engadir un apartado terceiro ó artigo 3 da ordenanza fiscal reguladora do Impostos sobre actividades económicas, para a introdución da seguinte bonificación potestativa de carácter rogado por especial interese ou utilidade pública:

ARTIGO 3- Bonificacións

3. Bonificacións por especial interese ou utilidade pública:

1. Terán dereito a unha bonificación na cota correspondente os suxeitos pasivos que tributen por cota municipal e que desenvolvan actividades económicas que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias de fomento do emprego que xustifiquen tal declaración. Esta medida será de aplicación unicamente a aqueles supostos de implantación dunha nova actividade económica ou empresarial, así como a aqueles outros que consistan nunha ampliación das instalacións sempre e cando implique creación de emprego.

Para estes supostos declarados de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias de fomento do emprego a bonificación terá os seguintes tramos:

• Ata 95 por 100 pola creación de mais de 20 postos de traballo

• Cando menos 75 por 100 pola creación de entre 11 e 20 postos de traballo

• Cando menos o 50 por 100 pola creación de ata 10 postos de traballo

2. Para a concesión de dita bonificación deberán concorrer, en todo caso, os seguintes requisitos:

• A solicitude de declaración de especial interese ou utilidade pública municipal por fomento do emprego, deberá realizarse unha vez iniciada a actividade da explotación económica en Cambados, debendo acompañarse á mesma documentación acreditativa de que se cumpran os requisitos previstos no presente apartado.

• O suxeito pasivo do Imposto haberá de ser, necesariamente, o titular da explotación económica que se desenvolva no Inmoble sito en Cambados e para a que se solicita a declaración de especial interese ou utilidade municipal por fomento de emprego e/ou sociais.

• O goce definitivo deste beneficio fiscal quedará condicionado, así mesmo, á permanencia en activo dos centros de traballo situados en Cambados, durante o período ao que se aplique a presente bonificación. O suxeito pasivo deberá atoparse ao corrente no pago dos tributos locais e das cotas correspondentes á Seguridade Social. No caso de actividades xa existentes en Cambados, ou de traslado das mesmas, haberá de xustificarse que no ano anterior á solicitude non houbo diminución de persoal no centro de traballo para o cal se solicita a bonificación, nin con motivo do traslado. Pola súa banda, anualmente, deberá xustificarse que non se produciu diminución do persoal no centro de traballo situado no inmoble obxecto de bonificación. Esta bonificación non será compatible coa aplicación das outras bonificacións fiscais do imposto, reguladas na presente Ordenanza Fiscal.

2. Modificar disposición final desta ordenanza, nos seguintes termos:

A modificación da presente ordenanza fiscal, unha vez publicada integramente no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2019, e permanecendo en vigor hasta a súa modificación ou derrogación expresa.

3º) MODIFICAR ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS. Modificar parcialmente a ordenanza reguladora do imposto sobre actividades económicas, nos termos que se transcriben a continuación:

1. Engadir un apartado sétimo ó artigo 7 desta ordenanza fiscal, para a introdución da seguinte bonificación potestativa de carácter rogado por especial interese ou utilidade pública:

ARTIGO 7.- Bonificacións

7. Bonificación por implantación dunha nova actividade económica ou empresarial ou ampliación das instalación

1.- Terán dereito a unha bonificación na cota as construcións, instalacións ou obras que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias de fomento do emprego. Esta medida será de aplicación unicamente a aqueles supostos de implantación dunha nova actividade económica ou empresarial, así como a aqueles outros que consistan nunha ampliación das instalacións sempre e cando implique creación de emprego.

Para estes supostos declarados de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias de fomento do emprego a bonificación terá os seguintes tramos:

• Ata 95 por 100 pola creación de mais de 20 postos de traballo

• Cando menos 75 por 100 pola creación de entre 11 e 20 postos de traballo

• Cando menos o 50 por 100 pola creación de ata 10 postos de traballo

2.- Para a concesión de dita bonificación deberán concorrer, en todo caso, os seguintes requisitos:

• A solicitude de declaración de especial interese ou utilidade pública municipal por fomento do emprego, deberá realizarse unha vez iniciada a actividade da explotación económica en Cambados, debendo acompañarse á mesma documentación acreditativa de que se cumpran os requisitos previstos no presente apartado.

• O suxeito pasivo do Imposto haberá de ser, necesariamente, o titular da explotación económica que se desenvolva no Inmoble sito en Cambados e para a que se solicita a declaración de especial interese ou utilidade municipal por fomento de emprego e/ou sociais.

• O goce definitivo deste beneficio fiscal quedará condicionado, así mesmo, á permanencia en activo dos centros de traballo situados en Cambados, durante o período ao que se aplique a presente bonificación. O suxeito pasivo deberá atoparse ao corrente no pago dos tributos locais e das cotas correspondentes á Seguridade Social. No caso de actividades xa existentes en Cambados, ou de traslado das mesmas, haberá de xustificarse que no ano anterior á solicitude non houbo diminución de persoal no centro de traballo para o cal se solicita a bonificación, nin con motivo do traslado. Pola súa banda, anualmente, deberá xustificarse que non se produciu diminución do persoal no centro de traballo situado no inmoble obxecto de bonificación. Esta bonificación non será compatible coa aplicación das outras bonificacións fiscais do imposto, reguladas na presente Ordenanza Fiscal.

2. Dar una nova redacción o artigo 7, apartado 1, parágrafo 1 desta ordenanza fiscal referido á bonificación no ICIO a favor das construcións, instalacións e obras que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal, que queda como segue:

1. En virtude do artigo 103.2.a) do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aplicarase unha bonificación do 95% a favor das construcións, instalacións e obras que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias sociais, culturais ou histórico-artísticas que xustifiquen tal declaración. Corresponderá dita declaración ó Pleno da Corporación e acordarase, previa solicitude do suxeito pasivo, por voto favorable da maioría simple dos seus membros.

2. A bonificación ás que fan referencia neste apartado anterior deste artigo terán carácter rogado, e será necesaria a acreditación do suxeito pasivo de estar incurso no suposto establecido, presentando a documentación demostrativa do mesmo.

3. Modificar disposición final desta ordenanza, nos seguintes termos:

A modificación da presente ordenanza fiscal, unha vez publicada integramente no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, entrará en vigor o día seguinte a súa publicación, e permanecendo en vigor hasta a súa modificación ou derrogación expresa.

Contra o citado acordo, que é definitivo na vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso administrativo, ante a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dentro do prazo de dous meses contados dende o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Todo elo sen prexuízo de que poida exercitar calquera outro recurso ou acción que estimen pertinente.