PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • XUÑO 2018 – BASES QUE REXERÁN A CONTRATACIÓN DE PERSOAL NAS OFICINAS DE TURISMO

XUÑO 2018 – BASES QUE REXERÁN A CONTRATACIÓN DE PERSOAL NAS OFICINAS DE TURISMO

É obxecto da presente convocatoria regular a contratación de dous traballadores nas oficinas de turismo do Concello de Cambados, en réxime laboral temporal, a tempo parcial (25 horas semanais), e na modalidade de contrato de duración determinada por acumulación de tarefas e dende o 15 de xuño de 2018 ata o 15 de setembro de 2018 (3 meses) de conformidade co establecido no artigo 15.1.b) do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores e no Real Decreto 2720/1998, do 18 de decembro, polo que se desenrola o artigo 15 do Estatuto dos Traballadores en materia de contratos de duración determinada (Hoxe RDL 2/2015 TRLET).

A presente selección enmárcase dentro da Subvención concedida pola Directora da Axencia de Turismo de Galicia, e dictada ao amparo do previsto na Resolución do do 2 de xaneiro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións a concellos declarados municipios turísticos e a xeodestinos de Galicia, para a contratación de persoal nas oficinas de turismo nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (DOG do 31 de xaneiro de 2018, Núm. 22)

A contratación dos traballadores será en réxime laboral temporal, xornada a tempo parcial (25 horas semanais) na modalidade de contrato de duración determinada por acumulación de tarefas (3 meses).

Para tomar parte no proceso selectivo, os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Nacionalidade:
-Ser español.
-Ser nacional dun Estado membro da Unión Europea, do Reino de Noruega, da República de Islandia, ou Liechtestein, así como da Confederación de Suiza, ou nacional de algún Estado ao que, en virtude dos Tratados Internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación la libre circulación de traballadores.
-Tamén poderán participar os extranxeiros non comunitarios que residan legalmente en España conforme ás normas legais vixentes, que reúnan os permisos que lle habiliten para residir e para acceder sen limitacións ao mercado laboral.

b) Ter cumplidos os 16 anos de idade e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.

c) Non padecer enfermidade nin defecto físico que impida o normal desenvolvemento das funcións correspondentes a dita praza. As persoas con minusvalías deberán aportar certificación do correspondente organismo, sinalando se precisan adaptacións para realización das probas e especificando tales adaptacións.

d) Figurar inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia. Este requisito deberán cumprirse tanto no momento da selección coma no da formalización do contrato.

e) Haber sido preseleccionado pola oficiña pública de emprego.

f) Titulación: Deberá disponer dalgún dos seguintes títulos: técnico superior en información e comercialización turística ou técnico superior en guía, información e asistencia turística, técnico en empresas e actividades turísticas, ou grao en diplomado/a en turismo ou equivalente homologado ou ben contar coa habilitación de guía de turismo.

g) Certificados dos documentos acreditativos establecidos na cláusula oitava e novena. No tocante ao apartado b) da cláusula novena “certificado dos servicios prestados en administración públicas” acreditarase tal e como dispón o Anexo I do Real Decreto 1461/1982, de 25 de junio, por el que se dictan normas de aplicación de la Ley 70/1978, de 26 de diciembre, de reconocimiento de servicios previos en la Administración Pública. No caso dos servicios prestados en empresas privadas deberase presentar certificado da vida laboral.

BASES QUE REXERÁN A CONTRATACIÓN DE PERSOAL NAS OFICINAS DE TURISMO