PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • XUÑO 2018 – APROBACIÓN INICIAL DO ORZAMENTO 2018

XUÑO 2018 – APROBACIÓN INICIAL DO ORZAMENTO 2018

APROBACIÓN INICIAL DO ORZAMENTO 2018

Aprobado inicialmente en sesión extraordinaria del Pleno deste Concello, de data 10 de maio de 2018, o Orzamento, Bases de Execución, e o Cadro de Persoal para o exercicio económico 2018, con arranxo ao previsto no artigo 169 do Texto Refundido da lei Reguladora de Facendas Locais aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo e o artigo 20 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril, exponse ao público o expediente e a documentación preceptiva por prazo de quince días desde a publicación deste anuncio, aos efectos de reclamacións e alegacións.

Durante devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se estimen pertinentes. Así mesmo, estará a disposición dos interesados no portal de transparencia deste Concello, dirección:

https://www.transpareciacambados.gal

De conformidade co acordo adoptado o Orzamento considerarase definitivamente aprobado, se durante o citado prazo non presenten reclamacións.